martes, 5 de mayo de 2015

Un ano máis estaremos na Feira do Libro


Dende o 12 ata o 17 de maio poderédes achegarvos ata o noso stand na Praza Maior onde poderédes facer o carné da biblioteca e expoñeremos unha selección das novidades da Biblioteca.

Este ano tamén contaremos con charlas, encontros con autores e actividades para os máis pequenos no noso stand. Velaquí tedes a axenda da feira:

Xoves 14:

- 18:00 h. Charla-coloquio cos compoñentes do club de lectura entorno á figura de Xosé Filgueira Valverde.

- 19:00 h. Encontro co autor santiagués afincado en Lugo, Francisco Javier Neira Pampin.

Venres 15:

- 18:00 h. Obradoiro "Un mundo de papel"
Obradoiro para coñecer o mundo da ilustración. Unha actividade práctica na que a ilustradora Noemí López amosara unha serie de técnicas que os rapaces poderán seguir para saber trasladar o imaxinario dunha historia ao papel (creación de personaxes e escenarios de ficción). Entrada libre ata completar o aforo.

Agardamos as vosas visitas!


No hay comentarios: