lunes, 4 de mayo de 2015

Contra la fuerza del viento, de Victoria Álvarez

Inglaterra, 1905. Pasaron uns anos dende os acontecementos narrados en "Tu nombre después de la lluvia" e a vida foi xenerosa co equipo do xornal Dreaming Spires. Nada parece poder perturbar a súa tranquilidade, pero a finais de maio os tres amigos reciben a visita da bela e misteriosa señorita Stirling, que loce as súas mellores galas e acode á cidade cunha tentadora oferta para eles.

Alexander, Lionel e Oliver, acompañados pola excéntrica Veronica, acceden a acompañala a unha aldea próxima a Nova Orleans para descubrir que hai de certo na lenda arredor do Perséfone, un bergantín afundido misteriosamente no río Mississippi en 1862.

Nada queda do barco, e ao principio a xente do pobo parece pouco disposta a recordar o pasado, pero ao cabo duns días saberemos moito máis do tráxico destino dos seus mariñeiros, e cabe que mesmo se revele a verdadeira historia da señorita Sterling... Despois de "Tu nombre después de la lluvia", chega a segunda parte desta espléndida saga de Victoria Álvarez, unha nova autora que nos devolve á mellor literatura do século XIX.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N ALV con novidades intriga e misterio

No hay comentarios: