miércoles, 6 de mayo de 2015

As crónicas do Club de Lectura (XXXXII)

Cando vimos de pasar o Día do Libro, para os que somos grandes lectores e/ou bibliófilos unha data moi destacada, no club de lectura arrancamos o mes de Maio cunha compilación de relatos propostos por R.

Dunha banda repasaremos o relato de Gogol "La nariz", e doutra, faremos un repaso a relatos de Rulfo, Cortázar, Bolaño e García Márquez.

En 1835 o escritor ruso Nicolás Gogol publica “La nariz” dentro de “Historias de San Petesburgo”, ofrecendo un salto imaxinativo, enormemente audaz e adiantándose máis dun século ás aperturas fantásticas que logo veremos en García Márquez.

"Iván Yakovlevich, por razón de decencia – escribe Gógol -, se puso el frac sobre la camisa y, habiendo tomado asiento a la mesa, echó sal, preparó dos cabezas de cebolla, tomó el cuchillo y, después de hacer una mueca significativa, se dispuso a cortar el pan. Una vez que hubo partido el pan en dos pedazos miró al centro y, con asombro, vio algo que brillaba. Iván Yakovlevichlo limpió cuidadosamente y lo examinó con los dedos.

- ¡Está duro! se dijo ¿Qué podrá ser?

Metió los dedos y se quedó helado: ¡una nariz!…; sus manos se apartaron, empezó a frotarse los ojos y a tocarla: una nariz, en efecto, una nariz, y hasta le parecía que fuese de un conocido. (..) sabía que la nariz era del asesor colegiado Kovalev, a quien afeitaba los jueves y domingos."

Acontece que un barbeiro atopa no seu almorzo o nariz dun cliente, o maior Kovalev, quen persegue o seu nariz por todo San Petesburgo sen resultado, ata que un día reaparece con el.

Gógol consegue xogar co real e o imaxinario dun xeito audaz e asombrosamente admirable. O argumento pode recordar, en certo sentido, a “La metamorfosis” de Kafka pero hai unha gran diferenza entre ámbolos dous: mentres que no relato de Kafka o absurdo é antesala da angustia e a soidade, no de Gógo, o autor emprega ese absurdo como coitelo afiado co que diseccionar á sociedade na que vive.

O conto que lemos de Juan Rulfo é “No oyes ladrar a los perros”. Unha historia na que o autor presenta a un pai levando ao seu fillo ferido, ao pobo para curalo. Pero é un relato que presenta multitude de eixos temáticos: relacións familiares, a inutilidade da linguaxe como medio de comunicación, o tempo,... Trátase dun conto considerado como a antesala en canto a temas, do resto da produción narrativa de Rulfo.

A García Márquez acercámonos esta vez, a través do relato “Alguien desordena estas rosas”.

"Como es domingo y ha dejado de llover, pienso llevar un ramo de rosas a mi tumba. Rosas rojas y blancas, de las que ella cultiva para hacer altares y coronas. La mañana estuvo entristecida por este invierno taciturno y sobrecogedor que me ha puesto a recordar la colina donde la gente del pueblo abandona sus muertos. Es un sitio pelado, sin árboles, barrido apenas por las migajas providenciales que regresan después de que el viento ha pasado. Ahora que dejó de llover y que el sol de mediodía debe haber endurecido el jabón de la cuesta, podría llegar hasta el túmulo en cuyo fondo reposa mi cuerpo de niño, ahora confundido, desmenuzado entre caracoles y raíces."

A historia dun espírito que dende fai moito tempo habita a casa onde antes vivíu.

Casas abandoadas e un tanto misteriosas que tamén lemos mediante o relato de Cortázar: “Casa tomada”. Neste caso, un dos relatos do autor máis estudados e que comeza dun xeito realista para logo converterse nunha continua distorsión das leis naturais. É a historia de dous irmáns que sempre viviron xuntos nunha casa colonial moi antiga e adicaron a súa vida a mantela e coidala, ata que, debido a certos estranos ruidos, os irmáns teñen que ir abandonando partes da casa que son tomadas por intrusos. Unha narración verdadeiramente inquedante que da lugar a unha lectura chea de interrogantes.

E finalizamos este percorrido de contos, ca historia de Roberto Bolaño titulada "Dentista". Un relato marcado por unha grande ironía intertextual e no que a violencia, o terror e a tensión, fan da súa lectura algo lexible, pero non sinxelo.


No hay comentarios: