lunes, 6 de abril de 2015

Si sólo me quedara una hora de vida, de Roger-Pol Droit

Todos pensamos nisto algunha vez e sen dúbida esa pregunta empúrranos a eliminar o superfluo para quedar co verdadeiramente importante. Droit proponnos neste belo libro un exercicio radical, decisivo, que vale por todas as leccións de filosofía e de sabedoría do mundo.

Na tradición cultural do pensamento europeo existe a idea de que o momento final é o momento da verdade. O autor, retomando esa tradición, exponnos un exercicio filosófico e literario no que se cuestiona todas estas preguntas. Así, preséntanos o que el considera esencial da existencia.

Droit recapacita sobre aquilo que comprendeu, pero tamén sobre o que non entendeu da vida, da felicidade, do amor, da morte e mesmo da política.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: 1 DRO sis novidades


No hay comentarios: