viernes, 10 de abril de 2015

Na sala de audiovisuais... Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!

Película biográfica con toques de comedia sobre o cineasta e artista Guillaume Gallienne, centrándose na súa relación coa súa nai e a conexión que tiñan ambos os dous. Dende o primeiro recordo que mantén da súa nai, á tenra idade de catro anos, cando os chama aos seus irmáns e a el á mesa coa frase: "Rapaces e Guillaume, ¡á mesa!", ata a última frase que cruzaron por teléfono cunha emotiva despedida que non esquecerá xamais: "Cóidate, miña nena grande".

Un percorrido polas emocións, o recordo e a familia nunha historia real que acompañou día tras día a este mozo que pasou a ser adulto ao lado da súa nai, sempre cun sorriso nos labios.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: COMEDIA GUI novedades


(fuente: La Butaca)

No hay comentarios: