miércoles, 8 de abril de 2015

Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


O día 2 de Abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, pero como coincidíu coa Semana Santa, pospuxemos as actividades para o día 10. 

Este venres leremos a mensaxe oficial deste ano, a cargo da escritora  Marwa Al Aqroubi, co lema “Moitas culturas, unha historia”. Será na Sala infantil ás 18:00 h.

Tamén durante todo o mes poderédes atopar no vestíbulo de entrada un centro de interese cunha selección de libros de autores e ilustradores gañadores do premio Andersen, considerado o "pequeno premio Nobel" da narrativa infantil.


No hay comentarios: