martes, 31 de marzo de 2015

También esto pasará, de Milena Busquets

Cando era nena, para axudala a superar a morte do seu pai, a Blanca a súa nai contoulle un conto chinés. Un conto sobre un poderoso emperador que convocou os sabios e lles pediu unha frase que servise para todas as situacións posibles. Tras meses de deliberacións, os sabios presentáronse ante o emperador cunha proposta: «Tamén isto pasará.» E a nai engadiu: «A dor e a pena pasarán, como pasan a euforia e a felicidade.»

Agora é a nai de Blanca quen morreu e esta novela, que arranca e se pecha nun cemiterio, fala da dor da perda, da esgazadura da ausencia. Pero fronte a esta dor queda o recordo do vivido e o moito aprendido, e cobra forza a reafirmación da vida a través do sexo, as amigas, os fillos e os homes que foron e son importantes para Blanca, quen afirma: «A lixeireza é unha forma de elegancia. Vivir con lixeireza e alegría é dificilísimo.»

Esta e outras frases e o ton da novela, tan allea a calquera concesión ao convencional, evocan aquela Bonjour tristesse de Françoise Sagan, que marabillou tantos (e escandalizou non poucos) cando se publicou en 1954. Todo iso no transcurso dun verán en Cadaqués, coas súas paisaxes indómitas e a súa intensa luz mediterránea que o baña todo.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BUS tam novidades vida cotiá

No hay comentarios: