miércoles, 25 de marzo de 2015

O parecido das portadas

Algunha vez vistes unha portada e recordouvos inmediatamente a outro libro? Seguro que si, e ultimamente acontece moi a miúdo. Dende sagas xuvenís ata novelas máis clásicas, cando un libro ten éxito, as editoriais e deseñadores inspíranse nas súas portadas para intentar atraer a nosa atención.

Da mesma forma que empregan as típicas frases como "Se che gustou Crepúsculo, encantarache esta novela", as portadas fan a mesma función. Non hai máis que mirar os estantes de calquera libraría ou biblioteca para decatarse... ata Jane Austen ou Bram Stoker sufriron esta moda nas súas novas edicións. É unha maneira de que os lectores relacionen portadas con libro de éxito, e sepan que nesta nova novela van atopar o mesmo que leron na anterior. Pareceunos tan curioso que buscamos varios exemplos con varios temas...

Os casos máis evidentes son as novelas de temática erótica, seguindo a estela de "50 sombras de Grey" e as de vampiros tralo éxito de "Crepúsculo". Semellan todas ser libros da misma saga...


Ata Lestat e o Conde Drácula teñen novo diseño ;)



Outro caso son as novelas xuvenís, que aínda que as portadas non son idénticas, si teñen moitos elementos comúns. Símboloxía similar, fondos moi parecidos, cores iguais... que ben combinados dan portadas distintas pero que inevitablemente remiten unhas a outras.




Tamén parece que a temática campestre e primaveral anda a rondar na cabeza dos editores, porque nestas novelas tipo "chick-lit", é a protagonista principal.



E para rematar, o uso de elementos que a priori non teñen nada de especial, pero que aos deseñadores deben darlles moito xogo. Aquí deixamos dous exemplos: paraugas e ollos.




Que vos parecen? Gústanvos este tipo de portadas porque axudan á hora de escoller a vosa próxima lectura ou preferides algo máis orixinal e que non se vise?


No hay comentarios: