martes, 3 de marzo de 2015

Exposicións e Mostras no mes de marzo

Durante estes mes de marzo temos unha interesante exposición e dúas mostras bibliográficas. A exposición titúlase "A Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade", e nela podédes atopar unha selección de fotografías entorno ao monumento bimilenario, imaxe da nosa cidade. Poderédela visitar durante todo o mes.


E como diciamos antes, tamén contamos con dúas mostras bibliográficas. A primeira, no vestíbulo da biblioteca, está adicada á figura de Ricardo Carvalho Calero, en conmemoración do 25º aniversario do seu pasamento. E a segunda, na planta -1, conmemora o centeario da publicación de "Vento mareiro" de Ramón Cabanillas. Ambas poderán visitarse durante todo o mes.



No hay comentarios: