lunes, 2 de marzo de 2015

Así empieza lo malo, de Javier Marías

No Madrid excitado de 1980, Muriel encarga ao mozo De Vere que investigue e lurpie un amigo seu de media vida, o Doutor Jorge Van Vechten, de cuxo indecente comportamento no pasado lle chegaron rumores. Pero Juan non se limitará a iso e tomará dubidosas iniciativas, porque, como el mesmo recoñece dende a súa idade madura, «os mozos teñen a alma e a conciencia aprazadas».

Así descubrirá que non hai xustiza desinteresada, senón que está sempre contaminada polo rancor persoal, e que todo perdón ou castigo son arbitrarios, os individuais e os colectivos. Coa súa prosa intelixente e profunda, Javier Marías dános tamén unha novela sobre o desexo, que a miúdo se impón a todo escrúpulo, lealdade ou respecto, e sobre a nosa imperfecta contemplación dos feitos, sempre vesga: ás veces por forza, ás veces por enteira decisión nosa.

Unha novela sobre o desexo, o rancor e a arbitrariedade do perdón.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MAR asi novidades vida cotiá


No hay comentarios: