lunes, 9 de febrero de 2015

Liberación Bookcrossing "Cita as cegas"

O próximo venres, día 13, os amigos de BC Lugo liberarán libros na Biblioteca, pero terán unha particularidade... Os libros estarán envolvidos e na parte frontal levarán unha tarxeta a xeito de mensaxe sobre o contido ou o autor. Deste xeito o libro escollido será unha sorpresa! Unha verdadeira cita a cegas!!

As liberacións de libros terán lugar ás 12:00 e 16:00 h. Animádevos a levar algún a casa, levaredes unha sorpresa segura ;)


No hay comentarios: