martes, 3 de febrero de 2015

El impostor, de Javier Cercas

Quen é Enric Marco? Un nonaxenario barcelonés que se fixo pasar por supervivente dos campos nazis e que foi desenmascarado en maio de 2005, despois de presidir durante tres anos a asociación española dos superviventes, pronunciar centenares de conferencias, conceder decenas de entrevistas, recibir importantes distincións e conmover nalgún caso ata as bágoas os parlamentarios españois reunidos para render homenaxe por vez primeira aos republicanos deportados polo III Reich. O caso deu a volta ao mundo e converteu a Marco no grande impostor e o grande maldito.

Agora, case unha década máis tarde, Javier Cercas asedia, neste thriller hipnótico que é tamén un banquete con moitos pratos -narración, crónica, ensaio, biografía e autobiografía-, o enigma do personaxe, a súa verdade e as súas falsidades e, a través desa indagación que percorre case un século de historia de España, mergúllase cunha paixón de kamikace e unha honestidade desgarradora no máis profundo de nós mesmos: na nosa infinita capacidade de autoengano, no noso conformismo e as nosas mentiras, na nosa sede insaciable de afecto, nas nosas necesidades contrapostas de ficción e de realidade, nas zonas máis dolorosas do noso pasado recente.

O resultado é un libro que non fala de Enric Marco senón de vostede, lector; tamén o libro máis insubmiso e radical de Javier Cercas: un libro asombroso que, cunha audacia inédita, ensancha os límites do xénero novelesco e explora as últimas fronteiras da nosa humanidade.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N CER imp novidades histórica



No hay comentarios: