martes, 10 de febrero de 2015

Aniquilación, de Jeff VanderMeer

Nun futuro non determinado, a Área X é un lugar remoto e escondido declarado zona de desastre ambiental dende hai décadas. A natureza salvaxe conquistou o lugar e o seu acceso está prohibido. A axencia estatal Southern Reach enviou diversas expedicións pero case sempre fracasaron: todos os membros dunha expedición se suicidaron; outros tolearon e acabaron matándose entre si, e os integrantes da última expedición regresaron convertidos en sombras do que un día foron.

Esta é a expedición número doce. O grupo está composto por catro mulleres: unha antropóloga, unha topógrafa, unha psicóloga e a narradora, unha bióloga. A súa misión é cartografar o terreo e recoller mostras, anotar todas as súas observacións tanto do seu ámbito coma das súas compañeiras. Pronto descobren unha grande anomalía xeográfica e formas de vida máis alá de todo entendemento. Mentres se enfrontan a unha natureza tan bela como claustrofóbica, o pasado e os segredos cos que cruzaron a fronteira vólvense cada vez máis ameazantes.

"Aniquilación" é o primeiro volume da Triloxía Southern Reach, unha serie que crea un mundo como nunca imaxinaches e que nos enfronta ao estraño que se esconde dentro de nós mesmos.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N VAN ani novidades ciencia fición




No hay comentarios: