miércoles, 7 de enero de 2015

Celebra con nós o Día do Usuario!


O próximo venres 9 celebramos o Día do Usuario na Biblioteca 2015, uníndonos ás actividades  conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia.

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2014, os nosos “Superusuarios”!!

Ao longo deste ano, estes “Superusuarios” poderán retirar en préstamo un maior número de obras: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 4 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2016.

Tamén teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 19:00, abertas a todo o público que se achegue, onde poderedes coñecer "as tripas" da Biblioteca ;)


Os nosos amigos de BC Lugo farán unha liberación de libros bookcrossing, para que sigan o seu percorrido polo mundo, en distintos lugares da biblioteca ao longo de todo o día.

E haberá algunha que outra sorpresiña en forma de marcapáxinas e pegatinas!




No hay comentarios: