viernes, 2 de enero de 2015

11 tipos de lectores

Comenzamos un novo ano e curioseando por internet atopamos esta clasificación dos distintos tipos de lectores. Con cal vos identificades máis?


1. O lector promiscuo
Non dubida en abandonar un libro que empezou para iniciar outro. Non pode evitalo porque lle encanta ler e non sabe dicir que non.


2. O lector cascarrabias
É esixente e voraz. Aínda que non lle guste un libro xamais o deixa á metade, aínda opine que o autor non pode unir dúas frases con sentido. Adoita lanzar o libro contra a parede cando o remata (literalmente).

3. O lector cronolóxico
Compra un libro e ata que o remata de lelo non volve á libraría por outro. Atrévese a abandonar a lectura dun libro só se existe un motivo suficientemente forte para deixalo e sempre o fai con remordemento. É o oposto ao lector promiscuo.

4. O lector aniquilador
Lévaos a todas as partes. Quere tanto aos seus libros que agora están cheos de follas soltas, cubertas rotas ou manchadas e páxinas amarelentas, polo trafego do ir e vir.

5. O lector ocupado I
Gústanlle tanto os libros que mesmo compra varios nun mesmo momento, pero logo ao chegar á casa colócaos nun estante onde poden pasar un par de meses. Cando finalmente os le, lamenta ter tardado tanto en facelo.

6. O lector ocupado II
A verdade non lle gusta ler, pero gústalle presumir que compra libros.

7. O librófilo
Máis que a lectura, o que este lector goza son os libros como obxecto. O seu olor, as súas cores, as páxinas amarelentas, os vellos e os novos, considéraos máis unha obra de arte.

8. O anti-lector
Pensa que os libros son moi longos e xamais le.

9. O espírito libre
É o adulto que le libros infantís, ou o neno que le libros para adultos. Cada vez máis a sociedade acepta a estes espíritos libres da literatura sen o menor rubor.

10. O multi-tarefa
Aínda que sempre remata os libros, le varios á vez e remata confundindo personaxes, nomes e tramas.

11. O lector somnolento
O seu momento favorito de lectura é antes de durmir. Xa cómodo na súa cama non consegue manter os ollos abertos e esperta na madrugada só para apagar a luz e pechar o libro.



No hay comentarios: