martes, 30 de diciembre de 2014

Feliz 2015!


lunes, 29 de diciembre de 2014

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Seguimos coas novidades para rematar o 2014 e con novos propósitos para o 2015. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



viernes, 26 de diciembre de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa quedan poucos días para acabar o ano, e que mellor que empezar o 2015 con novos libros: ano novo, lecturas novas! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



martes, 23 de diciembre de 2014

Estes venres na Biblioteca...


Temos "O Apalpador" con Anxo Moure.

Dende as montañas de Ancares e Courel, baixa cara a Biblioteca de Lugo o vello carboeiro, o chamado Apalpador, que traía castañas asadas as nenas e nenos que tiñan fame naqueles tempos de inverno. Agora, son castañas asadas que cando se abren ceiban contos que alimentan o coñecemento sobre as riquezas da natureza das nenas e nenos e a súa famiña de viaxar ata carballeiras e soutos, de cruzar regatos e saltar polas penedas das fervenzas. O Apalpador levará as nenas e nenos co seu cabaliño Caramulo e con Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro a coñecer a nena loba Coureliña e o lobo Lor, recibindo como premio un agasallo da música do vento. En fin, unha tarde para encontrar, tamén no Nadal, un achegamento ao coidado da terra, dos bosques e as fragas, das montañas e as chairas, para devolverlle ao vello Apalpador o seu fogar de teixos e acivros, de bidueiras e sobreiras.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

venres 26, ás 18:00 h. na Ludoteca.


lunes, 22 de diciembre de 2014

Aviso: Horario de Nadal


Dende o venres 26 de Decembro ata o luns 5 de Xaneiro (ambos incluídos),
o horario da biblioteca será:

Luns a venres: de 9:00 a 20:00 h.

Sábados: de 10:00 a 14:00 h.


Máis ideas para este Nadal


Hai uns días reconmedábamosvos os mellores libros do 2014 para os pequenos, e hoxe comenzamos a semana con máis ideas, nesta caso para os maiores. Novela, non ficción... hainos para todos os gustos! 



viernes, 19 de diciembre de 2014

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 20, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Felices Festas a todos!!


jueves, 18 de diciembre de 2014

Aviso: Pechado por festas


Os días 24, 25 e 31 de Decembro e 1 e 6 de Xaneiro
a Biblioteca permanecerá pechada.

Bo Nadal!


Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Creando no Nadal".

¿Ata onde pode chegar a imaxinación dos teus fillos/as en Nadal? Descúbreo e traéos á Biblioteca onde terán a oportunidade de realizar diversas manualidades orixinais e creativas relacionadas co Nadal.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 19, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 17 de diciembre de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XXXII)

Seica moit@s de vos ledes estas crónicas e seguramente vos preguntades cómo é “por dentro” un club de lectura. Pois a iso ímoslle adicar esta crónica: a contar dende as vísceras, o que facemos no club de lectura da biblioteca.

Levo xa tempo participando neste club de lectura, sendo sempre o coordinador R e podo asegurar que case crea adición. Para ir a un club de lectura o básico é que che guste ler, así sen cortapisas, sen prexuízos, de todo... porque deste xeito aprovéitase máis.

Chegarás e propoñerán cousas que, a priori, non son do teu agrado: autores aos que xa lles traes manía de casa, textos que se non estiveras alí e chegaran a ti non seleccionarías para ler... Pero un dos ingredientes máxicos do club é ese, consegue que leas cousas que nunca pensaches ler. E por riba, acabas colléndolle o gusto.


Segundo o Ministerio de Cultura:

Un club de lectura es un grupo de personas que leen al mismo tiempo un libro. Cada uno lo hace en su casa, pero una vez a la semana, en un día y a una hora fijos, se reúnen todos para comentar las páginas avanzadas desde el encuentro anterior.

Pero a definición, restritiva onde as haxa, achégase só a beira do que realmente pasa por ser un club de lectura. Este club.

Ao final, ese grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro, aportan nas sesións do club a súa particular visión da obra e a súa interpretación; achegan á actividade moito de si mesmos. E iso convértese nalgo sumamente aditivo, porque terminas por coñecer aos teus compañeir@s e moitas veces, xérase un vínculo que só existe entre lectores. Unha unión que grazas á literatura, consegue que atopes “xente coma ti”. E aí tedes outro ingrediente máxico.

A función dun club de lectura é a de por en común, pero tamén socializar e avanzar como lectores; porque como dixen, nas sesións escoitas aos teus compañeir@s con cadansúa lectura, o que fai que progreses nas túas propias interpretacións e ademais, aprendas a valorar a opinión e puntos de vista diferentes aos teus. É tamén unha aprendizaxe emocional importante. E logo, se se presta, tomamos un café.

No club de lectura da biblioteca pública, os integrantes cubrimos varios rangos de idade, hai homes e mulleres e por suposto variedade nas profesións ou dedicacións. Pero grazas ao labor do noso coordinador, resultamos ser un grupo bastante unido, se ben é certo que de cando en vez hai que chamarlle á atención a alguén porque “no fragor da batalla” interrumpímonos, intercalamos temas que se van do debate, ou ben facemos conversas paralelas.

Polo tanto, se tedes oportunidade de unirvos ao club (a este ou calquera outro), anímovos xa que resulta ser unha experiencia moi enriquecedora capaz de agasallarnos máis literatura, se cabe.


A Lego-Biblioteca

Encántanos esta lego-biblioteca que atopamos en internet. Non lle falta detalle!









martes, 16 de diciembre de 2014

Mr. Mercedes, de Stephen King

Xusto antes do amencer, nunha decadente cidade americana, centos de parados esperan a apertura da oficina de emprego para reclamar un dos mil postos de traballo que se anunciaron. Fixeron cola durante toda a noite.

De pronto, invisible ata que o teñen practicamente enriba, un Mercedes xorde da fría néboa da madrugada. O seu condutor atropela e esmaga a todos os que encontra ao seu alcance. Deseguido, o coche dá marcha atrás e volve arremeter contra eles. O asasino foxe deixando atrás oito mortos e quince feridos.


Meses despois, Bill Hodges, un policía xubilado, que segue obsesionado con este caso sen resolver, recibe unha carta anónima de alguén que se declara culpable da masacre. 
Brady Hartsfield vive coa súa nai alcohólica na casa onde naceu. Gozou tanto daquela sensación de morte debaixo dos neumáticos do Mercedes, que agora quere recuperala.

"Mr. Mercedes" é a historia dunha guerra entre o Ben e o Mal. Un retrato inesquecible da mente dun asasino obsesionado e demente.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N KIN mrm novidades intriga e misterio



lunes, 15 de diciembre de 2014

Café Filosófico


Mañá, martes 16, temos unha nova reunción do noso Café Filósofico, e nesta ocasión co tema: as novas soidades.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


viernes, 12 de diciembre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 15, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 13, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Ida

Anos 60, Polonia. Unha moza ilusionada coa busca da fe e a relixión, esta a punto de tomar os seus votos e converterse en monxa, aquilo que sempre desexou. Preparouse duramente durante longos anos e convertida nunha noviza modelo decide entregarse totalmente á súa relixión.

Todo cambia no momento no que se decata dun segredo que atormentaba a toda a súa familia. Os seus antepasados víronse envoltos durante a ocupación nazi, con terribles consecuencias,e  ante tales acontecementos decide emprender unha longa loita para coñecer a verdade.

Como te sentirías se todo aquilo polo que loitas acaba converténdose nunha mentira?


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA IDA novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 11 de diciembre de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XXXI)

Marguerite Yourcenar e o seu título “Memorias de Adriano” son a nosa próxima lectura no club de lectura.

Trátase, posiblemente, do exemplo máis representativo do coñecido subxénero da novela histórica denominado falsas memorias. É a obra máis popular da escritora francesa (1903-1987) e nela trasládanos ao século II, no Imperio Romano, baixo o mandato do emperador Adriano.

A obra é unha recreación ficticia das memorias que o emperador redacta á súa morte para o seu neto e sucesor, contadas en primeira persoa en forma de carta.

“Comenzada para informarte de los progresos de mi mal, esta carta se ha convertido en el esparcimiento de un hombre que ya no tiene la energía necesaria para ocuparse en detalle de los negocios del Estado, meditación escrita de un enfermo que da audiencia a sus recuerdos. Ahora me propongo más: tengo intención de contarte mi vida.”

Ao longo das páxinas, o narrador vai analizando a súa biografía, experiencias, impresións e opinións sobre as personalidades coas que convive; ademais de tratar gran variedade de temas como a arte, a guerra, as mulleres, a xustiza… Adriano preséntasenos coma un ser todopoderoso, pero tamén son visibles as liñas máis humanas do personaxe: pudiendo ser contradictorio e amosando matices de vinganza cando precisa deles para acadar os seus obxectivos.

“Quería el poder. Lo quería para imponer mis planes, ensayar mis remedios, restaurar la paz. Sobre todo lo quería para ser yo mismo antes de morir.”

Non se trata do Adriano histórico, senón do personaxe creado por Yourcenar á marxe de Roma e os romanos. A ambigüidade mental do emperador, os seus rencores e as violentas reaccións, que o amosan incapaz de deter a disolución do mundo no que vive, están maxistralmente captadas aínda que presenta moitas inexactitudes. Resulta curioso, porén, que a fonte principal da que bebe a autora fose a Historia Augusta que merece moi pouca fe histórica.

Parece unha obra ideal para reflexionar sobre o pouco que temos avanzado nestos dous mil anos de historia, xa que os conflictos e os temores que se presentan permanecen hoxe.

Un dos aspectos que máis salientan todas as críticas é a súa calidade literaria; cunha linguaxe culta e unha prosa ben rica en matices, cargada de lirismo para conseguir impregnar á obra dunha profundidade densa e complexa.

Estas “Memorias de Adriano” son a obra de toda unha vida. De feito, Yourcenar adicou casi toda a súa pensándoa. Máis de trinta anos investigando, viaxando e lendo textos latinos. Un gran esforzo que se viu compensado no resultado final: unha magnífica novela histórica con grandes dosis de ficción.


Mañá na Biblioteca...


Temos a sesión de narración "Moito conto" con Cucarandainas.

Moito conto é un xeito de achegar a dramatización de obras literarias ao público infantil. Mediante a escenificación dos contos os nenos e nenas entran da man do xogo dramático na identificación cos mundos posibles mediante unha opción lúdica e participativa da aprendizaxe.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 12, ás 18:00 h. na Ludoteca