viernes, 28 de noviembre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 1, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!


Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 29, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... No se aceptan devoluciones

En "No se aceptan devoluciones", Valentín é o solteiro máis mullereiro de Acapulco, ata que un día, unha muller do seu pasado deixa un bebé na súa porta e desaparece.

Valentín decide ir a Los Ángeles na súa busca, pero en vez de encontrar a nai, encontra un fogar para el e a súa filla Maggie. Mentres ela crece, Valentín tamén se ve obrigado a madurar, converténdose nun verdadeiro pai.

Pero cando a nena cumpre 7 anos e aparece a nai biolóxica de Maggie, Valentín decátase de que está a punto de perder a súa única familia e a súa mellor amiga, a súa filla.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: COMEDIA NOS novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 27 de noviembre de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Ciencia na cociña".

Aprende como a ciencia ensina outras formas de cociñar: fritir un ovo sen aceite e sen calor, etc. Obradoiro dentro das actividades do "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas"

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 28, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 26 de noviembre de 2014

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, xoves 27, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



As crónicas do Club de Lectura (XXIX)

Neste remate de novembro, creo que é un bo momento para recapitular sobre as efemérides literarias deste ano. Este 2014 trouxo consigo moitas “celebracións” relacionadas ca literatura e quizáis algún de vos quere sumarse a honra de certos escritores/as lendo algunha das súas obras. No club de lectura adicarémoslle algunhas sesións a ler “Platero y yo”, do que se conmemoran 100 anos da súa publicación, pero será máis adiante e daremos cumprida crónica.

Julio Cortázar
Comezamos o noso percorrido co gran autor arxentino Julio Cortázar. A celebración do ano Cortázar remóntase a 2013, cando se conmemoraban os 50 anos da publicación de “Rayuela”. pero no ano no que estamos lémbrase o seu nacemento.

É un momento ideal para coñecer os seus magníficos relatos (ou volver a eles) recollidos na obra “Final del juego”; ou ben andar entre as páxinas de “Bestiario” ou “La vuelta al día en 80 mundos”. Certo é que a súa literatura non contenta a todos, pero a Cortázar hai que lelo e poucos coma el crean mundos tan redondos, tan perfectos, en relatos de extensión tan curta. Doutra banda, Alfaguara publica “Cortázar de la A a la Z”, unha biografía visual con imáxenes inéditas do autor, de lugares e de persoas que coñeceu, que vai acompañada de textos do propio Cortázar.

Octavio Paz
De Octavio Paz, premio Nobel, tamén se cumpre un século do seu nacemento e recomendamos ler obras como “El laberinto de la soledad”, na que se fai unha análise importante da idiosincrasia mexicana; ou “El fuego de cada día”, unha recompilación de poemas escollida e prologada polo propio autor.

Quen foi representante da xeneración beat e a contracultura estadounidense, William Borroughs, tamén cumpriría 100 anos neste 2014. Trátase dunha das figuras máis transgresoras e inclasificables da literatura universal, polo que non deixa de ser interesante ter lido algo del.

William Borroughs
Recomendamos a triloxía formada por “Ciudades de la noche roja”, “El lugar de los caminos muertos” e “Tierras del occidente” escrita xa na súa madurez e na que consegue o equilibrio entre accesibilidade, experimentación e revolución. O seu modo de escribir co emprego da técnica cut-up (consistente en recortar o escrito e reordenalo de novo pegando os pedazos nun novo texto) está presente nestas obras, pero de un xeito tan sutil que o lector nin se percata.

En abril de 1914 naceu Marguerite Duras. Escritora, dramaturga, directora e guionista de cine que foi unha das mulleres máis activas e inquedas da súa época e de quen non podemos esquecer a súa magnífica “El amante”, unha obra pola que lle foi concedido o premio Gouncourt en 1984. Autoficción sobre a súa adolescencia oriental que se faría moi célebre grazas á adaptación cinematográfica levada a cabo por Jean- Jacques Annaud e da que a autora renegaría por completo.
Marguerite Duras

Mención aparte merece para min, polo descoñecido e pouco valorado en España, o autor ao que lle adicamos este punto (case) final: Bohumil Hrabal, un dos escritores que marca a literatura checa e centroeuropea do século XX, xunto cos xa recoñecidos, Kafka e Kundera.

Bohumil Hrabal publica a súa primeira obra cando xa contaba con cincuenta anos de idade, e ao ano seguinte, sae “Trenes rigurosamente vigilados”, que é levada ao cine por Menzel (merecedora do Oscar a mellor película de fala non inglesa no 1966).

Despois da invasión soviética de Checoslovaquia, Hrabal é represaliado e as súas obras publicaranse con dificultade grazas ao samizdat, o sistema clandestino da disidencia. Entre esas novelas silenciadas polo réxime, está “Una soledad demasiado ruidosa” que xunto con “Yo que he servido al rey de Inglaterra” son consideradas as súas obras maestras. Cun estilo osado e expresivo, Hrabal busca na súa narrativa formas distintas ás habituais. A entrada da súa literatura en España non foi sinxela, pero a medida que as obras de Kundera comezaron a ter éxito, os editores decidiron tamén apostar por el.

Bohumil Hrabal
Segundo Mónica Zgustová (tradutora de Hrabal): “Hrabal es un escritor que al principio hace reír, parece de humor y tiene mucha acción. Pero bajo la superficie, tras la primera impresión, es una literatura con muchísima profundidad. O sea que es para todos los públicos. Y también tiene una parte muy poética para los lectores más exigentes”.

Un século que cae coma unha lousa literaria, pero do que podemos rescatar a lectura de grandes obras… Para o caso non debemos esquecer que tamén é o aniversario da Primeira Guerra Mundial. Ó fío disto, rescatamos “14” de Jean Echenoz, un obús en miniatura que conta os días máis sanguentos da Gran Guerra, baixo o estilo elegante e sobrio do autor.

En fin, queda aínda un mes completo no que poder festexar un século tan repleto de boas lecturas, animádevos logo!


martes, 25 de noviembre de 2014

La estrategia del pequinés, de Alexis Ravelo

O Louro deixou de delinquir hai décadas, pero a grave enfermidade da súa muller faino reformularse as cousas cando Júnior, un distribuidor local de cocaína, lle propón atracar o home de palla dos seus xefes en Gran Canaria. Para organizar o asalto, non lle custará seducir ao Palmeira, un parado de longa duración cuxo sono é abrir un bar, e a Cora, unha prostituta de luxo que sospeita próximo o momento en que se esfumen os seus encantos.

A estratexia do pequinés é mostrarse fero e aproveitar calquera despiste do adversario para atacar e fuxir. Iso será o que fagan os protagonistas desta novela cando descubran que lle pisaron a cola a un tigre e se vexan inmersos nunha persecución frenética na que irán deixando un rastro sanguento.

Parados cincuentons, escorts vindas a menos, narcos, policías corruptos e branqueadores de diñeiro poboan esta novela negra de alta voltaxe, unha dura historia coral sobre perdedores na que o importante non é saber quen é o asasino.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N RAV est novidades intriga e misterio



lunes, 24 de noviembre de 2014

Voltan os Cafés Filosóficos


Mañá, martes 25, comenzan de novo as reunións do noso Café Filósofico, e nesta ocasión co tema: o poder.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Que vos parece comenzar a semana cunhas cantas novidades de non-ficción? Xa sabemos que os luns son uns días poucos queridos, así que aquí vos deixamos algunhas suxerencias para mellorar o día. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



viernes, 21 de noviembre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 24, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 22, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Nebraska

Despois de recibir un "premio" por correo, Woody Grant, un ancián con síntomas de demencia, cre que se volveu rico, obrigando ao seu receoso fillo David a emprender unha viaxe para ir a cobralo.

Pouco a pouco, a relación entre ambos os dous -rota durante varios anos polos continuos desvaríos etílicos de Woody- tomará un cariz distinto ante a sorpresa da retranqueira nai de David e o seu triunfador irmán Ross. Pero, que acontecerá cando Woody regrese ao pobo, onde lle prometeu a todos que se converteu en millonario?

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA NEB novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 20 de noviembre de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Avoa Youja "Soñei que era unha árbore".

Soñei que era unha árbore. Era moi forte, cunhas raíces tan grandes que saían por enriba da terra. Movíame moitísimo, o vento non paraba de xogar comigo. O sol facía uns debuxos preciosos a través de min. Algúns abrazabanme, outros contábanme cousas. Nunca imaxinara o que chega a gozar unha árbore.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 21, ás 18:00 h. na Ludoteca


miércoles, 19 de noviembre de 2014

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, xoves 20, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



As crónicas do Club de Lectura (XXVIII)

Non sempre lemos novelas no club de lectura, de xeito que probaren outros xéneros é importante e tamén entretido. Neste caso, R propón “Diario del año de la peste” de Daniel Defoe.

E dicimos que non é unha novela porque o libro está considerado crónica, pese a non ser a intención do autor facer unha reportaxe xornalística.

Trátase dun repaso pormenorizado onde aparecen os primeiros casos da doenza en parroquias cercanas a Londres, listados de enterramentos e bandos nos que se nomean especialistas médicos e se dan a coñecer medidas para tentar frear a rápida extensión da morte.

No formal, polo tanto, non podemos falar dunha novela xa que logo non existen personaxes –agás nunha pequena “historia”- , non existe concreción de datos e, ás veces, o autor retorna a puntos que non deixan de ser unha mera sucesión de anécdotas sen orde preestablecida. Porén, resulta curioso o feito de que Defoe se apropie como testemuña duns feitos reais, cos que efectivamente conviviu, pero con só catro anos de idade.

Mais aínda así a historia funciona porque basease na experiencia, desprende verosimilitude e porque o ensaio constrúese sobre recordos, lecturas, documentos oficiais e conversas mantidas cos supervivintes: familias que abandonan as súas pertenzas, casas pechadas e rúas baleiras por falta de habitantes ou pola terrible mortandade.

O valor da obra chega a través desa verdade e a partir de aí, é o lector o que ten que decidir: se emprega este falso diario como unha fiestra cara a un tempo e un espazo esgotado facendo honra aos datos aportados polo autor; ou ben, decide tomalo como unha crónica cargada de conformismo que asume o castigo imposto.

“Diario del año de la peste” fala de 1664, o ano da grande peste, da morte negra. Asumida entón como unha desgraza enviada como castigo e contra o que poucos e podía facer.

Sobre o autor, comentar que Daniel Defoe é un escritor inglés de vida fascinante, como tantos. Nado en 1660 tivo unha educación desordenada e gañou a vida con diferentes actividades sen éxito. Estivo condeado á exposición na picota por un panfleto político, xa que pasou dun bando político ao outro, actuando coma espía. En 1719 publica “Robinson Crusoe”, que lle outorga fama inmediata, ó igual que “Moll Flanders”. Morre en 1713, vivindo na clandestinidade e fuxindo das súas débedas.


martes, 18 de noviembre de 2014

Galveston, de Nic Pizzolatto

Alto, corpulento, con barba e melena, sombreiro de á ancha e botas de vaqueiro, o texano Roy Cady leva exercendo uns anos de matón profesional en Nova Orleans. Roy é un tipo tranquilo, comprensivo, capaz de ver o lado filosófico das cousas, o cal non lle impide ser implacable cando a ocasión o require. Pero a súa vida dá un xiro radical o día que lle diagnostican un cancro avanzado. De pronto, os seus puntos de referencia trastórnanse, e o relevo da realidade cobra unha nova dimensión. Ante a sospeita de que o seu xefe, o poderoso extorsionador Stan Ptitko, quere quitarllo de enriba, Roy se despoxa das súas ataduras e inicia unha frenética carreira cara a un horizonte descoñecido, onde o seu encontro fortuíto cunha moza desamparada lle brindará, talvez, a ocasión de darlle un novo sentido á súa existencia.

O brillante debut como novelista de Nic Pizzolatto -creador da exitosa serie «True Detective»- é un relato sórdido e poético, violento e lírico, salvaxe e conmovedor. Ao mesmo tempo canónica e heterodoxa, Galveston supón un salto adiante que rompe os moldes do establecido cunha historia trepidante, ambientada en paisaxes desoladas e protagonizada por personaxes que foxen malia saberse condenados, antiheroes que o perderon todo agás a dignidade. Sinxelamente, unha novela maxistral que transcende o xénero policíaco para situarse como unha obra narrativa de excelencia.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N PIZ gal novidades intriga e misterio



lunes, 17 de noviembre de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Se estes días grises de novembro estades aburridos e non sabedes que facer, nós propoñémosvos unhas cantas novidades. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















viernes, 14 de noviembre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 17, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 15, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Her

Ambientada en Los Ángeles, no futuro próximo, a película mostra a Theodore Twombly (Joaquin Phoenix), un complexo home que vive escribindo conmovedoras cartas aos demais. Co corazón roto despois de rematar unha longa relación, séntese intrigado por un novo e avanzado sistema operativo, o que promete ser unha entidade intuitiva con cada usuario.

Despois de inicialo, Theodore queda encantado de coñecer a «Samantha» (Scarlett Johansson), unha brillante voz feminina que é perspicaz, sensible e sorprendentemente divertida. Mentres os desexos e as necesidades de ambos os dous crecen, a súa amizade transfórmase finalmente nunha relación de amor.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA HER novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 13 de noviembre de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "O que a maxia esconde...".

Detrás dun espectáculo de maxia podemos encontrarnos en numerosas ocasións con outra realidade, máis sorprendente, quizais pois o que moitas veces nos parece maxia, oculta outra realidade máis sinxela: a Ciencia.

Así, á vista de todos, poderemos ver como a auga desaparece, como os líquidos poden cambiar de cor, como converter auga en neve en segundos ou auga en xeo en milisegundos... ¡ ¡ e moitos trucos máis!!!

Ademáis a maioría dos materiais utilizados no espectáculo podemos encontralos en todos os fogares, ofrecéndonos a posibilidade de facer a ciencia (ou a maxia) ¡na casa!!

Un espectáculo dentro das actividades do "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas" para todos os públicos

Mañá, venres 14, ás 18:00 h. no Salón de Actos