viernes, 31 de octubre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 3, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Philomena

Martin Sixsmith é un cínico e descrido xornalista caído en desgraza que, un bo día, se encontra coa historia da súa vida: Philomena Lee, unha muller de setenta e tantos anos, que se pasou os últimos cincuenta buscando o seu fillo.

A historia de Philomena fala de como a estrita sociedade da época o roubou ao seu recén nacido e a condenou a ingresar nun convento como castigo por quedar embarazada tan novo.

Agora o xornalista e a valorosa muller decidirán unir as súas forzas e embarcaranse nunha viaxe inesquecible entre dous continentes en busca da verdade e da xustiza, e que lles cambiará a ambos os dous para sempre.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA PHI novedades

(fuente: La Butaca)

jueves, 30 de octubre de 2014

Curso "OpenOffice Writer Intermedio"


O próximo mes temos un novo curso de informática: "OpenOffice Writer Intermedio", onde poderédes aprender a manexar un procesador de texto.

Terá lugar do 3 ao 14 de novembro, ás 17:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Personalización da área de traballo de Writer
- Configuración avanzada de páxina: márxes, orientación do papel, etc.
- Uso de estilos de formatos de parágrafos e de páxinas
- Uso de seccións:
- Saltos de páxina e sección
- Encabezado e pé de páxina
- Uso de estilos: letra capital, columnas, etc.

Temos 12 prazas dispoñibles, para participar é preciso ser socio da Biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración da Biblioteca.


Mañá na Biblioteca...

Temos Obradoiro de manga con GoChi.

Un obradoiro de iniciación ao manga (BD xaponesa) para rapaces, organizado polo estudio especializado en manga Cerditos de Guinea

Unha actividade para nen@s a partir de 9 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, venres 31, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 29 de octubre de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XXVI)

Palabra. 1. Unidade léxica con significado fixo. 2. Representación gráfica formada por unha letra ou grupo de letras. 3. Capacidade de expresar o pensamento por medio da linguaxe articulada. 4. Promesa de que unha cousa é verdade ou de que se vai facer o que se di. 5. Afirmación dunha persoa que non se basea nunha proba. 6. Dereito ou turno para falar nunha reunión ou asamblea. 7. Discurso oral ou escrito dunha persoa.

Disque así comeza cada un dos capítulos nos que está dividida a obra coa que arrincamos no club: "A praia dos afogados" de Domingo Villar. Cun concepto e as súas acepcións do diccionario. Un xeito que invita ao lector a facer conxeturas sobre o que atopará nas liñas contiguas.

Trátase dunha historia de intriga que nos leva dende a Galicia mariñeira, á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte do descubrimento dun cadáver dun mariñeiro, nunha praia da vila de Panxón. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que atopou a morte entre as ondas, mentres pescaba. E así, sen testemuñas, nin rastro da embarcación do finado, o inspector Leo Caldas, mergúllase no caso para tratar de clarexar o crime. Un caso difícil, que debe solucionar entre homes e mulleres que recean de contar o que saben, e que no momento de falar, apuntan nunha dirección insólita.


Polo de agora, a historia está a gustar entre @s participantes de club. Unha lectura que segundo Teresa por exemplo, “vai de menos a máis” e que como acontece con este tipo de policiais "estamos tod@s expectantes, a ver por dónde tira”. Aínda que algúns a len en castelán e outros en galego, parece que a idiosincrasia dos personaxes e a ambientación en xeral acadan unha maior intensidade na lingua na que propiamente foi escrita.

Ademais no club andamos moi interesad@s no anuncio da película que se fixo fai tempo, xa que completar a lectura co visionado da adaptación, sería un exercicio que nos encantaría facer.



Con respecto ao autor, podemos dicir que Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cine e de televisión. Coa súa primeira novela “Ollos de auga” (2006) obtivo o premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumn@s de toda Galicia), a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas. Actualmente está a traballar na súa terceira obra, que escribe en galego ao mesmo tempo que traduce ao castelán.

Se queredes ler connosco podédes atopar o libro na Biblioteca tanto en galego (G-N VIL pla) coma en castelán (N VIL pla).


App Bibliotecas de Galicia


Hoxe queremos comentarvos a existencia dunha nova aplicación para dispositivos android desenvolvida gratuitamente por Rubén Mayayo. A aplicación chámase "Bibliotecas de Galicia" e pode descargarse dende Google Play aquí. Esta app permite buscar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia como se estiverades na nosa web. Ademáis de buscar en distintas bibliotecas e de consultar a dispoñibilidade dun libro, tamén permite guardar favoritos polo que se estades a buscar un libro que aínda non está dispoñible, só tedes que gardar a búsqueda e volver a consultar nuns días.

A app non é oficial pero parecéunos do máis útil, e sobre todo, moi sinxela de utilizar. Xa nos comentaredes que vos parece ;)




Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, xoves 30, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



martes, 28 de octubre de 2014

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Onte ficción, hoxe non-ficción. Porque sabemos que estades interesados en moi diversos temas, unhas cantas novidades para todos vos! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















lunes, 27 de octubre de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa metidos en pleno outono traemos unhas cantas novidades aos nosos andeis. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















viernes, 24 de octubre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 27, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 25, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... El gran hotel Budapest

"El grande hotel Budapest" narra as aventuras de Gustave H., o lendario conserxe dun famoso hotel europeo do período de entreguerras, e de Zero Moustafa, un mozo que se converte no seu amigo máis leal.

A historia inclúe o roubo e recuperación dunha pintura renacentista de incalculable valor; unha frenética batalla por unha inmensa fortuna familiar; e o inicio da máis doce historia de amor; como pano de fondo, un continente que está a sufrir unha rápida e drástica transformación.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA GRA novedades

(fuente: La Butaca)



Feliz Día da Biblioteca!!


jueves, 23 de octubre de 2014

Día da Biblioteca


Coma anos anteriores, mañá 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca.

Teremos visitas guiadas ás 12:00 e 19:00 h. para todos os que queirades coñecer as "tripas" da Biblioteca, e ás 18:00 h. na Ludoteca un contancontos para os máis pequenos con Iago López Santos e o seu "O novo home do saco" (é necesario inscribirse na Sala infantil).

Moitas grazas a todos por participares deste día!!


Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de contacontos con Iago López "O novo home do saco".

O home do saco cada vez é máis velliño e xa non pode roubar tantos pícaros coma antes. Así que decide buscar un substituto...

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 24, ás 18:00 h. na Ludoteca


miércoles, 22 de octubre de 2014

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, xoves 23, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



El edificio de las mujeres que renunciaron a los hombres, de Karine Lambert

Nun bonito edificio de París viven Simone, Rosalie e Giuseppina. A propietaria, coñecida como a Raíña, bailarina retirada, é amable e considerada cos seus hóspedes, pero impuxo unha norma estrita: no edificio non se admiten homes.
Cada unha delas ten unha razón de peso para renunciar aos homes. Nas súas novas vidas non teñen que preocuparse de sufrir por amor pero por que vivir sen amor? Elas afirman:

Non renunciamos ao amor.

Renunciamos á esperanza tola de vivilo.

Ás montañas rusas.
A querer achegar o polo norte e o polo sur.
A deixarse tomar o pelo por unha caricia.
A perder a cabeza e estar enganchada a unha relación tóxica.

E así ata que un día chega a ocupar a moza Juliette un piso baleiro. Entón o curso das súas vidas pode que tome un xiro inesperado e a portaría parisiense ábrase a novos ou vellos habitantes.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LAM edi novidades romántica



martes, 21 de octubre de 2014

Novo curso "Uso básico do teléfono móbil"


A próxima semana temos un novo curso pensado especialmente para as persoas maiores que queren alcanzar autonomía no manexo do teléfono móbil.

Terá unha duración de 4 horas, e será os días 28 e 29 de outubro de 17:00 a 19:00 h.

Hai 15 prazas dispoñibles e podédesvos inscribir na oficina de Administración da Biblioteca.


lunes, 20 de octubre de 2014

Obradoiro "Libros. Imaxes. Curtametraxes"

Esta semana temos unha nova actividade para os nosos mozos usuarios, un obradoiro creativo que de seguro vos resultará do máis interesante.

O obradoiro "Libros. Imaxes. Curtametraxes" será impartido por Xes Chapela, e nel os rapaces coñecerán as ferramentas para a produción de curtametraxes a partir de textos da Biblioteca.

Terá lugar os días 22, 23 e 24 de outubro, ás 18:00 h. no Salón de Actos.

Para participar é preciso inscribirse (10 prazas).


viernes, 17 de octubre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 20, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 18, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... El artista y la modelo

"El artista y la modelo" conta a historia dun vello escultor de fama, canso da vida e da loucura dos homes, que reencontra, grazas á chegada dunha moza española escapada dun campo de refuxiados, o desexo de volver traballar e esculpir a súa última obra, na Francia ocupada de 1943.

Mentres traballan, a modelo e o artista falan con sinxeleza e proximidade de todo o que os rodea: a vida e a morte, a barbarie da guerra, a xuventude e a vellez, a busca da beleza en tempos de horror, o sentido e a necesidade da arte...

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL ART

(fuente: La Butaca)

jueves, 16 de octubre de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos sesión de narración con Pavís Pavós "Palma, repalma".

Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada. Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 17, ás 18:00 h. na Ludoteca