martes, 30 de septiembre de 2014

Anécdotas bibliotecarias


Da mán de Roz Warren, bibliotecaria de Filadelfia chégannos estas anécdotas que de seguro máis de un compañeiro de profesión sufríu nas súas propias carnes. A maioria dos usuarios son amables e agradables, pero ás veces traballar de cara ao público ten estas cousas ;)


- O home que se nega a pagar a multa por devolver un dvd con retraso xa que non lle gustou a película.

- O tipo que pillamos tratando de roubar unha Biblia. ( Deus non quere que roubes unha Biblia na biblioteca pública local. El quere que a consultes adecuadamente e a devolvas a tempo).

- O tipo que se achega ao bibliotecario, cantaruxa uns compases dunha canción, e logo pregunta: "A biblioteca ten ese CD?"

- A muller que espera que lle fagamos nós as fotocopias coa excusa "Ti es mellor ca mín facéndoo" (Mellor colocando unha folla de papel nun cristal e premendo un botón, en serio?)

- O home que berra "Deixen de presionarme!!" no medio da sala cando anunciamos pola megafonía o peche da biblioteca en media hora.

- A nai que aparece na porta dous minutos antes do peche y esixe que lle busquemos os dez libros da lista de lecturas para o verán do seu neno.

- O mozo que pensa que deberiamos deixarlle levar unha ducia de DVDs a pesar de que non ten a súa tarxeta da biblioteca. Ou calquera outro tipo de identificación. "Pero vostede coñéceme", insiste. (Non, non o facemos.)

- A muller que nos di que o seu coche - no aparcamento - non arranca e cando nos ofrecemos a chamar un mecánico, di, "Non pode arranxalo alguén aquí por min?"

- A muller que insiste en que lle reembolsemos o diñeiro que pagou por facer unha fotocopia xa que a copia ten unha tenue liña. Cando llo reembolsamos, volve á máquina e fotocopia da mesma páxina de novo, o que resulta noutra copia cunha tenue liña no mesmo lugar, pola que esixe de novo outro reembolso. Ela segue facendo isto ata que nos negamos a darlle máis reembolsos.

- A muller que espera que descubramos cál é o libro que quere, a pesar de que ela non sabe nin o título nin o autor, nin que xénero é. "Onte estaba alí", di ela, "Búsqueo!"

- O home que se nega a pagar para substituír un libro que desapareceu, porque afirma que os extraterrestres o roubaron da caixa de devolución de libros despois de devolvelo. (Cres que estou de broma?. A menos que traballes nunha biblioteca pública...)

- A muller que devolve un exemplar "masticado" do libro "O sistema de entrenamento do can que nunca falla". Ela insiste en que o libro xa estaba así cando o levou e cando se lle suxire que puido ser o seu can, ela contesta: "Eu non teño can".

Todo casos reais que os bibliotecarios de Filadelfia atenderon amable e cortesmente, porque os bibliotecarios somos así ;)



lunes, 29 de septiembre de 2014

La última noche en Tremore Beach, de Mikel Santiago

Un compositor que perdeu a inspiración.

Unha casa illada nunha praia irlandesa.

Unha noite de tormenta que pode cambialo todo.

Peter Harper é un prestixioso compositor de bandas sonoras que, tras un traumático divorcio, se refuxia nun canto perdido da costa de Irlanda para recuperar a inspiración.


A casa de Tremore Beach, illada nunha enorme e solitaria praia, parece o lugar indicado para logralo. Todo parece perfecto... ata que chega a noite da gran tormenta.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SAN ult novidades intriga e misterio



viernes, 26 de septiembre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 29, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 27, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Séptimo

Como cada día, Sebastián recolle os seus fillos no piso da súa ex muller. Como cada día xogan a "a ver quen chega antes": eles baixan polas escaleiras, el no ascensor, un divertimento que á súa ex parella non lle gusta. Pero un día, mentres o pai chega ao portal en primeiro lugar, como sempre, os nenos esta vez non aparecen.

Desapareceron misteriosamente no interior do edificio sen deixar rastro. A partir de aí, comeza a busca frenética dun pai e unha nai por encontrar os seus fillos. Onde están? Que lles aconteceu? Por que a eles?

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL SEP novedades

(fuente: La Butaca)

jueves, 25 de septiembre de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos o "Obradoiro de ciencias" con Ceo Aberto.

Obradoiro que amosa a ciencia dende un punto de vista lúdico e educativo. Abórdanse distintas disciplinas científicas como a criminoloxía, astronomía, maxia ou química, e tamén como funciona o cerebro, as forzas e a enerxía, a electricidade ou o cine.

Unha actividade para nen@s dende 10 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, venres 26, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 24 de septiembre de 2014

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, 25 de setembro, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Quéres saber máis sobre o mundo do boxeo, que poderá pasar nun futuro coas pensións ou planear unha viaxe de última hora? Para iso están as novidades de non-ficción! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















martes, 23 de septiembre de 2014

A cita da semana


Ciudades de papel, de John Green

Unha moza desparece deixando unha serie de pistas que só o seu mellor amigo da infancia poderá descifrar...

No seu último ano de instituto, Quentin non aprobou nin en popularidade nin en asuntos do corazón... Pero todo cambia cando a súa veciña, a lendaria, inalcanzable e enigmática Margo Roth Spiegelman, se presenta en metade da noite para propoñelo que o acompañe nun plan de vinganza inaudito. Despois dunha intensa noite que reaviva o vínculo dunha infancia compartida e parece selar un novo destino para ambos os dous, Margo desaparece deixando tras de si un estraño cerco de pistas.

Cun estilo único que combina humor e sensibilidade, John Green, o autor de "Bajo la misma estrella", tece unha emotiva historia á que dá vida un inesquecible elenco de personaxes. Gañadora do prestixioso premio Edgar, "Ciudades de papel" aborda os temas da amizade, o amor e a identidade para formularnos unha pregunta: vemos nos demais, e en nós mesmos, só aquilo que queremos ver?


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GRE ciu novidades vida cotiá



lunes, 22 de septiembre de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Acaba xa o verán pero o que nunca remata son as nosas novidades, novelas para afrontar o outono con máis ganas. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















viernes, 19 de septiembre de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 22, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 20, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Sin reservas - XXXVI Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Sin reservas", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Kate Armstrong (Catherine Zeta-Jones), gran xefe de cociña dun restaurante de moda en Manhattan, vive a súa vida ao igual que dirixe a súa cociña: cunha intensidade que seduce e á vez intimida á xente que a rodea. A natureza perfeccionista de Kate ponse a proba cando debe facerse cargo da súa sobriña de nove anos, Zoe (Abigail Breslin), ao mesmo tempo que debe lidar con Nick Palmer (Aaron Eckhart), un novo cociñeiro que se une ao persoal do restaurante. A actitude informal de Nick, tanto ante a vida como ante a cociña, non podería ser máis diferente da de Kate, pero a química que se establece entre eles é innegable A rivalidade vólvese romance, pero Kate deberá aprender a expresarse máis alá da súa cociña se quere conectar con Zoe e encontrar a verdadeira felicidade con Nick.
.


jueves, 18 de septiembre de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos a sesión de narración "Al abrigo de los cuentos".

Un abrigo máxico, o protagonista desta historia.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 19, ás 18:00 h. na Ludoteca


Un toque de canela - XXXVI Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Un toque de canela", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: "Un toque de canela" é unha historia sobre un mozo grego (Fanis) criado en Istambul, cuxo avó, un filósofo culinario e o seu mentor, lle ensina que tanto a comida como a vida necesitan un chisco de sal para darlles o toque de sabor que ambos requiren. Co paso do tempo Fanis convértese nun excelente cociñeiro e emprega as súas habilidades culinarias para darlle sabor ás vidas daqueles que o rodean. 35 anos máis tarde, abandona Atenas e volve á súa terra natal, Istambul, para reunirse co seu avó e o seu primeiro amor; unha viaxe de retorno só para darse conta de que esquecera darlle ese toque de sabor á súa propia vida … Como adoitaba dicir o seu tío … “hai dous tipos de viaxeiros na vida, aqueles que parten e aqueles que retornan, os primeiros miran o mapa, os segundos miran ao espello …” Agora é o momento de que o noso heroe bote unha mirada ao seu propio espello.

Festival de Cine Nacional de Grecia (mellor fotografía, mellor dirección, mellor guión, mellor cinematografía, mellor edición, mellor son, mellor banda sonora e mellor dirección artística).

Premio outorgado polo público no Festival Internacional de Cine de Tesalónica.



miércoles, 17 de septiembre de 2014

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, 18 de setembro, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



La cocinera del presidente - XXXVI Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "La cocinera del presidente", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Inspirada na historia real da cociñeira privada do presidente François Miterrand, coñeceremos a Hortense Laborie, unha renomeada cociñeira do Périgord que non acaba de crer que o presidente da República a nomeara a súa xefa de cociña particular e que deberá encargarse de todas as súas comidas privadas no Palacio do Elíseo. A pesar dos ciumes e envexas de numerosos membros do persoal de cociña, Hortense non tarda en facerse respectar grazas ao seu xenio. A autenticidade dos seus pratos seduce ao presidente, pero os corredores do poder están trufados de trampas.

Festival de cine de San Sebastián na sección Culinary Zinema: Cine e gastronomía creada en colaboración co Festival Internacional de Cine de Berlín e organizada conxuntamente co Basque Culinary Center.
Seleccionada para os Premios César 2013 na categoría de mellor actriz (Catherine Frot).
.

martes, 16 de septiembre de 2014

Exposición "Xosé María Díaz Castro - Nimbos de luz"


Dende onte ata o martes 30 de Setembro podédes visitar na Biblioteca a exposición "Xosé María Díaz Castro - Nimbos de luz", exposición itinerante organizada polos Departamentos de Cultura e Politica Linguistíca da Xunta de Galicia.

A través de 14 paneis temáticos, que se completan cunha parte audiovisual na que se inclúe a proxección do documental ‘O instante eterno’, de Xosé Antón Cascudo, "Nimbos de luz" permite unha importante aproximación á obra do poeta, tradutor e intelectual de Guitiriz.


Soul Kitchen - XXXVI Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Soul Kitchen", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Zinos, o mozo dono dun restaurante, está de mala sorte. A súa noiva Nadine mudouse a China por traballo, ten unha hernia de disco e os seus clientes habituais abandonárono desde que contratou a un novo cociñeiro. Pero cando se corre a voz do seu novo concepto de restaurante, a xente que quere estar á última fai cola para comer no “Soul Kitchen”. Isto non cura o corazón roto de Zinos, que decide subir a un avión para reunirse con Nadine en China, e confía o restaurante ao seu irmán Illias, un ex convicto. Zinos acaba de tomar dúas decisións totalmente equivocadas.

Premio Especial do xurado no Festival de Cine de Venecia.
Inaugurou o Festival de Cine de Xixón 2009.
Festival de Cine de Venecia de 2009: Premio especial.




lunes, 15 de septiembre de 2014

El jilguero, de Donna Tartt

Ao achegarnos a "El jilguero", imos enfocando un cuarto de hotel en Amsterdam. Theo Decker leva máis dunha semana encerrado entre esas catro paredes, fumando sen parar, bebendo vodka e mastigando medo. É un home novo, pero a súa historia é longa e nin el sabe ben por que chegou ata aquí.

Como empezou todo? Cunha explosión no Metropolitan Museum hai uns dez anos e a imaxe dun xílgaro de plumas douradas, un cadro espléndido do século XVIII que desapareceu entre o po e os cascotes. Quen llo levou é o mesmo Theo, un neno entón, que de pronto se quedou orfo de nai e dedicouse a desgastar a súa vida: as drogas rabuñárono, a indiferenza do pai cegouno e a súa amizade co mozo Boris levouno á delincuencia sen máis trámites. Todo parecía a punto de rematar, e da peor das maneiras, no deserto de Nevada, pero non. Ao cabo dun tempo, outra vez as rúas de Manhattan, unha pequena tenda de anticuario e un vulto sospeitoso que agora vai pasando de man en man ata chegar a Holanda.

Como rematará todo? Isto está en mans do talento de Donna Tartt, que puxo ao día as regras dos grandes mestres do XIX, seguindo a Dickens pero tamén aos personaxes de "Breaking Bad", para escribir "El jilguero", probablemente o primeiro clásico do século XXI.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N TAR jil novidades intriga e misterio



XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo


Coma anos anteriores, a Biblioteca participa na XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que terá lugar do 15 ao 20 de setembro .

A entrada é gratuita, e coma noutras ocasións o ciclo está dedicado á gastronomía no cine, co título "E para comer... Lugo"As proxeccións serán ás 20:00 h. no Salón de Actos.

Aquí vos deixamos a programación:

Martes 1620.00 h. - Soul Kitchen (2009)


Mércores 17 - 20.00 h. - La cocinera del presidente (2012)


Xoves 18 - 20.00 h. - Un toque de canela (2003)


Venres 19 20.00 h. - Sin reservas (2007)