viernes, 29 de agosto de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns comeza unha nova tempada das nosas mesas de conversa, neste caso coa Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 1, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Stockholm

Unha noite, nunha discoteca, ves unha rapaza e namóraste automaticamente. Disllo, pero non che fai caso. Insistes e consegues estar con ela o resto da noite. Convéncela e rematas na cama con ela. Que acontecería se ao día seguinte non é a rapaza que parecía ser? 

Unha noite, nunha discoteca, estás cansa e vén o típico rapaz que di que se namorou de ti. Dislle que se vaia, pero el insiste. Comprobas que non é o típico rapaz, é gracioso, encantador e ademais namorouse. Notas que che gusta e rematas accedendo a pasar a noite con el. Que acontecería se ao día seguinte non é o rapaz que parecía ser?

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL STO

(fuente: La Butaca)

jueves, 28 de agosto de 2014

Curso "Internet básico"

O próximo luns, 1 de setembro, comeza o curso "Internet básico"

Terá lugar do 1 ao 5 de Setembro, de 18:00 a 19:00 h. (aprox.)

Hai 12 prazas dispoñibles e podédesvos inscribir na oficina de Administración da Biblioteca.

Vide aprender a navegar pola rede connosco ;)


Aviso: Cambio de horario


Dende o próximo luns 1 ata o sábado 13 de setembro, ambos incluídos,
o horario da Biblioteca será:

Luns a venres de 9 a 20 horas

Sábados de 10 a 14 horas


miércoles, 27 de agosto de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Pequenos creadores"

Os nenos farán creacións super chulas coas súas propias mans. Pasarano en grande con máis nenos da súa idade e deixarán voar a súa imaxinación.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 28, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 26 de agosto de 2014

A cita da semana



lunes, 25 de agosto de 2014

En Lower River, de Paul Theroux

Ellis Hock sempre descartou a posibilidade de volver a África. Propietario dunha tenda de roupa de cabaleiro nun pobo de Massachusetts, segue soñando co seu edén particular: os catro anos que pasou en Malaui como voluntario dos Corpos de Paz. Cando a súa muller o abandona, decide regresar á aldea na que viviu, na remota rexión de Lower River, onde cre que pode recuperar a felicidade.

Non obstante, á súa chegada a realidade vai resultar moi distinta á esperada. Pronto descubrirá a mentira e a estafa, internarase no corazón das tebras e o seu idealizado retorno converterase nunha carreira contra a morte.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N THE enl novidades intriga e misterio



viernes, 22 de agosto de 2014

Na sala de audiovisuais... El lobo de Wall Street

Empezando polo sono americano ata chegar á cobiza corporativa a finais dos oitenta, Jordan Belfort pasa das accións especulativas e a honradez ao lanzamento indiscriminado de empresas en bolsa e á corrupción. O seu enorme éxito e fortuna cando tiña pouco máis de vinte anos como fundador da axencia bolsista Belfort lle valeu o alcume de "El lobo de Wall Street".

Diñeiro, poder, mulleres, drogas... as tentacións abundaban e o temor á lei era irrelevante. Jordan e a súa manda de lobos consideraban que a discreción era unha calidade anticuada, nunca se conformaban co que tiñan.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA LOB novedades

(fuente: La Butaca)

jueves, 21 de agosto de 2014

A cita da semana


miércoles, 20 de agosto de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Artellar"


Obradoiro de manualidades onde dunha forma creativa e instrutiva, fomentarase a creatividade e o desenrolo da comprensión espacial e da motricidade.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 21, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 19 de agosto de 2014

Marcapáxinas esquecidos

Hoxe queremos falarvos dunha curiosa páxina web: Forgotten Bookmarks, na que o dono dunha libraría de segunda man recopila marcapáxinas e todo tipo de obxetos que atopa dentro dos libros. Dende plumas, pasando por receitas de cociña ata cartas manuscritas. En ocasións verdadeiros tesouros... Aquí vos deixamos unha mostra pero se queredes seguir curioseando visitade a súa web.



lunes, 18 de agosto de 2014

Una y otra vez, de Kate Atkinson

E se puideses vivir a túa vida unha e outra vez ata conseguir o destino perfecto? A protagonista nárranos de forma fragmentada a súa vida na que regresa unha e outra vez a uns mesmos feitos con resolucións distintas, chegando mesmo a cambiar o destino de Europa do SXX.

Que Úrsula Todd morra ás poucas horas de nacer nunha casa de campo inglesa a principios de 1910 e que á vez, o médico chegue a tempo para salvala son dous feitos perfectamente compatibles en "Una y otra vez", unha novela que ofrece sempre dúas alternativas ao seu protagonista.


Así, Úrsula terá varias oportunidades de cambiar o seu destino, o da súa familia e mesmo o de toda Europa. E non se trata só de vivir unha nova vida, senón de facer algo co que a maioría soñamos algunha vez: borrar aqueles episodios do pasado que falan mal de nós.

Grazas a un perfecto dominio na creación de ambientes e personaxes, Atkinson consegue varias novelas nunha soa. Tráxica en ocasións, divertida noutras, pero sempre intrigante, a grande autora inglesa conta unha historia pero é coma se contase centos delas.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ATK una novidades



jueves, 14 de agosto de 2014

Na sala de audiovisuais... Gloria

Gloria ten 58 anos e está soa na vida. Para compensar o baleiro, enche os seus días de actividades e polas noites busca o amor no mundo das festas para solteiros adultos, onde só consegue perderse nunha serie de aventuras sen sentido.

Esta fráxil felicidade na que vive altérase cando coñece a Rodolfo, un home de 65 anos, recentemente separado, que se obsesiona con ela. Gloria comeza un romance, pero este complícase pola enfermiza dependencia de Rodolfo cara aos seus fillos e a súa ex muller.

Esta relación, á que Gloria se entrega porque intúe que podería ser a última, rematará por facela estrelarse contra a cruel realidade do mundo. Gloria deberá reconstruírse para enfrontar con novas forzas a súa definitiva entrada á vellez.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA GLO

(fuente: La Butaca)

miércoles, 13 de agosto de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "A porta dun conto"

Os rapaces escoitarán un conto pasarán a anotar con debuxos o que mais lles chamou a atención. Escollerán unha idea que pasarán a un formato predeseñado reservando o espazo do título que irá superposto nun acetato.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 14, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 12 de agosto de 2014

Trabajos de amor ensangrentados, de Edmund Crispin

A escola Castrevenford está inmersa nos preparativos para celebrar o fin de curso, e o excéntrico profesor de Oxford e detective afeccionado Gervase Fen (ao que xa coñecemos en "La tienda de juguetes errante" e "El canto del cisne"), liberado das súas obrigas laborais, foi convocado a entregar os premios aos discursos máis brillantes. Non obstante, a noite previa ao gran día, estraños sucesos acontecen no colexio, e dous profesores son asasinados.

Mentres intenta desentrañar o misterio, Fen vese obrigado a resolver un secuestro coa axuda dun sabuxo con demencia senil, a tranquilizar a unha plétora de colexiais toleados e, de paso, a descubrir o paradoiro dun manuscrito perdido de Shakespeare que se demostra letal en extremo.

"Trabajos de amor ensangrentados" é un clásico da Idade Dourada da novela de detectives inglesa, chea de referencias literarias e persecucións en bólido pola campiña inglesa, cunha trama policíaca perfecta.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CRI tra novidades intriga e misterio



lunes, 11 de agosto de 2014

Todos a twittear!


viernes, 8 de agosto de 2014

Na sala de audiovisuais... Diana

A película relata os dous últimos anos de vida de Diana. Cando a princesa Diana voou a Paquistán en Maio de 1997, foi a coñecer a familia do Dr. Hasnat Khan, o home co que quería casar. Unha das mulleres máis famosas e belas do mundo, esperaba persuadir a nai do Dr. Khan facéndoo ver que sería a esposa axeitada para o seu fillo. De ter tido éxito, os acontecementos daquel verán poderían ter sido moi distintos.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: HISTÓRICO DIA novedades

(fuente: La Butaca)

jueves, 7 de agosto de 2014

Día da #biblioteca en Twitter


Hai seis anos surxía da man duns poucos bibliotecarios inquedos a experiencia, iniciativa ou experimento "#biblioteca".

Movidos pola pregunta de cantos tweets eran necesarios para convertirse en "trending topic", decidiron fixar unha data para conseguir posicionar o hashtag #biblioteca na tan ansiada lista de temas do momento de Twitter.

Dende a primeira tentativa pasaron xa 6 anos, e neste 2014 a data elexida é o próximo luns día 11. O obxectivo é dar a coñecer ás bibliotecas e revalorizar a súa labor na nosa sociedade.

Dende aquí invitámosvos a participar da iniciativa, e o próximo luns tuiteedes con este hagstag unha recomendación dun libro, unha foto leendo, un comentario sobre a vosa última visita a unha biblioteca ou un pensamento relacionado coa lectura, todo vale para recordar por un día a labor das bibliotecas.


miércoles, 6 de agosto de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro para pais e fillos "Facemos a nosa casa"

O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademÁis de fomentar a comunicación entre os membros da familia.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 7, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 5 de agosto de 2014

Continúan os cursos

Hoxe queremos recordarvos que temos aberta a inscripción para dous novos cursos de informática que terán lugar na Biblioteca no mes de setembro. Para participar podédesvos inscribir na biblioteca, chamando por teléfono ou ben mandando a vosa solicitude por correo electrónico a biblio.publica.lugo@xunta.es.



Ofimática Básica (12 Prazas)

Data: mes de Setembro

Contido:
- Xestionar arquivos e carpetas: crear e gardar, eliminar, renomear, copiar e mover.
- Organización de arquivos, carpetas
- Aplicacións e ferramentas dun sistema operativo. O panel de control. Descrición, elementos e configuración da interface dun sistema operativo.



Internet Básico (12 Prazas)

Data: mes de setembro

Contido:
- Navegar por internet.
- Búsqueda de información na web
- Enviar e recibir correos electrónicos
- Explicación dos moteres de procura.


Aproveitade a ocasión e vide participar!!


lunes, 4 de agosto de 2014

Pacto de lealtad, de Gonzalo Giner

Pouco antes do estalido da Guerra Civil, a vida de Zoe Urgazi esborrállase: o seu marido morre na revolución asturiana ao tempo que ela descobre a súa infidelidade; o seu pai é encarcerado; e ela, sen ningún tipo de ingresos nin patrimonio, é desafiuzada do palacete madrileño onde reside. Botando de menos unha existencia pasada, Zoe intenta sobrevivir nun país turbulento xunto a Campeón, un can sen estirpe, que lle axudará a sortear os perigos dunha guerra inxusta.

Unha novela trepidante que percorre o período máis dramático do século xx: a Guerra Civil e o auxe do nazismo, e que narra, por vez primeira, o papel dos cans nos conflitos armados. Espías, experimentos secretos para achar un can de guerra mitolóxico, traizóns, amor... atravesan estas páxinas que ilustran, grazas ao seu protagonista, o inquebrantable e ancestral pacto de lealdade entre o can e o home.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GIN pac novidades histórica





viernes, 1 de agosto de 2014

Na sala de audiovisuais... Agosto

En "Agosto", a familia Weston reúnese con motivo do funeral do pai. O reencontro servirá para facer aflorar todos os conflitos e reproches soterrados polo tempo. A nai, gravemente enferma, e as tres fillas, cada unha delas cunha vida sentimental desastrosa, centrarán o conflito.

Se hai algo que as une, á parte dos lazos de sangue, é a súa incapacidade de ser felices. Parece que viven para facerse dano e que, por un motivo ou outro, querendo ou sen querer, están condenadas a vivir soas.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA AGO novedades

(fuente: La Butaca)