jueves, 31 de julio de 2014

A cita da semana



miércoles, 30 de julio de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Pequenos creadores"

Os nenos farán creacións coas súas propias mans. E deixarán voar a súa imaxinación!

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 31, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 29 de julio de 2014

Curso de informática básica para nenos


Durante o mes de agosto temos un novo curso de informática, neste caso para nen@s: "Informática básica para nen@s". Temos 10 prazas dispoñibles e terá lugar os luns, martes e mércores (podédes ver a datas exactas máis abaixo). O contido do curso será o seguinte:

1. Conceptos e nocións básicas
- Principais compoñentes dun equipo informático : hardware, software
- Escritorio de Windows: configuración e elementos
- Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo
- Teclado: teclas básicas e atallos
- Funcións básicas: creación de carpetas, apertura de programas, ventas e menús
- Elementos externos: impresora, lector de cds, usb, etc.

2. Procesador de textos
- Barra de ferramentas, elementos básicos
- Modificación de textos: copiar, pegar, eliminar, xustificar, etc.
- Fontes: tamaño, grosa, cursiva, subliñado, etc.
- Inserir elementos no documento

3. Internet
- Conceptos básicos: que é internet, os virus, etc.
- Buscadores de información máis importantes
- Páxinas máis coñecidas e axeitadas para os nenos (xogos educativos online, debuxos)

Datas: 4, 5, 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de Agosto
Horario: de 11:30 a 12: 30 h.
Lugar: Sala multiusos

Para participar é necesario inscribirse na oficina de Administración da Biblioteca.

Agardamos as vosas solicitudes!!


lunes, 28 de julio de 2014

Un hombre llamado Ove, de Fredrik Backman

«Acaso teño que andar todo o día sorrindo como un bobo?»

Ove non é o típico veciño co que che apetece cruzarte no barrio. É un cascarrabias, un pesado que insiste ata a esaxeración en manter a orde e a disciplina, un case sesentón solitario e resentido a quen o destino arrebatou demasiadas cousas.

Non obstante, na vida de Ove algo está a punto de cambiar. Unha serie de circunstancias fortuítas van devolvéndolle pouco a pouco a fe no xénero humano. E, ao mesmo tempo, as persoas que o rodean comezan a comprender que o seu barrio non sería o mesmo sen o rosmón de Ove. Sería un lugar máis frío, menos solidario e, aínda que pareza mentira, tamén moito menos divertido... porque, ao final, todo o mundo quere a Ove.

Unha novela que fai rir e chorar cun marabilloso sentido do humor que converte a Ove nun personaxe entrañable e inesquecible.


Podes atopalo na Biblioteca có rótulo: N BAC hom novidades vida cotiá



jueves, 24 de julio de 2014

Na sala de audiovisuais... La gran familia española

"La gran familia española" é unha comedia sobre unha voda que transcorre durante a final do Mundial de Fútbol de Sudáfrica. Ese día de catarse colectiva, mentres o país se paralizaba, unha familia composta por cinco irmáns con nomes bíblicos -Adán, Benxamín, Caleb, Daniel e Efraín- tamén vaise enfrontar ao partido máis importante da súa vida. 

Serán capaces de gañar? Vale gañar de calquera xeito? Pódese perder con dignidade? Hai que xogar ao ataque ou é mellor defenderse e xogar ao contragolpe?

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL GRA novedades

(fuente: La Butaca)

miércoles, 23 de julio de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Artellar"

Obradoiro de manualidades onde dunha forma creativa e instrutiva, fomentarase a creatividade e o desenrolo da comprensión espacial e da motricidade.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 24, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 22 de julio de 2014

Lionel Asbo: el estado de Inglaterra, de Martin Amis

Desmond Pepperdine é un adolescente que vive nun sórdido suburbio londiniense ao coidado da súa avoa; a súa nai morreu e ninguén sabe con certeza quen é o seu pai. Na mesma casa vive tamén o seu tío, Lionel Asbo, un delincuente de pouca monta que exerce de mentor e imparte a Desmond valiosas leccións: dende instruílo nas delicias do porno por Internet a explicalo como alimentar os seus dous pitbulls cunha dieta a base de Tabasco.

Pero Desmond é un adolescente sensible, amante da lectura, que aspira a namorarse dunha muller cariñosa e real en lugar de fantasiar con tías boas en webs porno. O rapaz está decidido a deixar atrás esa barriada inmunda por medio da educación, mentres que as aspiracións de Lionel se limitan a pasar a súa vida entre traballos de matón e estraperlos con obxectos roubados, e periódicas estanzas no cárcere como consecuencia destas actividades.

Durante unha das súas estanzas entre reixas, Lionel pídelle ao seu sobriño que lle encha un boleto da loto. O azar lanza os seus dados e da noite á mañá o convicto convértese en millonario. Isto, que podería resultar unha noticia estupenda para a desestruturada familia, quizais non o sexa. Un lumpen convertido en repentino millonario é carnada para os tabloides e un amante dos pitbulls non parece unha persoa co equilibrio necesario para afrontar un cambio tan radical de vida. E ao final esa máxima que di que o diñeiro non dá a felicidade resulta ser brutalmente certa.

Visceral, salvaxe, provocadora, esta sátira sobre o derrubamento da vella Inglaterra en mans de hooligans e de tabloides ten un fondo de crónica social ao modo dickensiano, pero tamén conecta co humor británico máis transgresor, ese que provoca a gargallada arreando unha labazada en plena cara. O resultado é unha mirada atinada sobre realidades incómodas, unha novela incisiva e descacharrante.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N AMI lio novidades humor



lunes, 21 de julio de 2014

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Comenzamos hoxe a semana cunha selección do últimiño en non-ficción: fotografía para profesionais e inexpertos, decoración, recetas para viaxar ata Xapón, política de todas as cores... Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.
















viernes, 18 de julio de 2014

Na sala de audiovisuais... Gravity

En "Gravity", Sandra Bullock interpreta á doutora Ryan Stone, unha brillante enxeñeira especializada en Medicina que está na súa primeira misión nun transbordador, co veterano astronauta Matt Kowalsky (George Clooney) ao mando do seu último voo antes de retirarse. Pero nun paseo espacial, aparentemente de rutina, desencadéase o desastre. O transbordador queda destruído, deixando a Stone e Kowalsky completamente sós, unidos o un ao outro e dando voltas na escuridade.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: C.FICCIÓN GRA novedades

(fuente: La Butaca)

jueves, 17 de julio de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa metidos no verán, unha das mellores épocas para a lectura, aquí tedes algunhas das últimas novidades que chegaron á Biblioteca. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















miércoles, 16 de julio de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Un conto en viñetas"

Neste obradoiro os nenos descubrirán nunha breve introdución o que é a banda deseñada e cómo a través desta arte secuencial e usando imaxes (neste caso debuxo), efectos visuais e textos, podemos narrar unha historia.

Contaráse un conto que os participantes adaptarán logo a unha serie de viñetas predeterminadas con diálogos tamén xa escritos.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 17, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 15 de julio de 2014

A cita da semana


lunes, 14 de julio de 2014

Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre

En novembro de 1918, tan só uns días antes do armisticio, o tenente d'Aulnay-Pradelle ordena unha absurda ofensiva que culminará cos soldados Albert Maillard e Édouard Péricourt gravemente ferido, nun confuso e dramático incidente que ligará os seus destinos inexorablemente.

Édouard, de familia adiñeirada e cun talento excepcional para o debuxo, sufriu unha horrible mutilación e négase a reencontrarse co seu pai e a súa irmá. Albert, de orixe humilde e carácter pusilánime, concilia o sono abrazado a unha cabeza de cabalo de cartón e está disposto ao indicible con tal de compensar a Édouard, a quen debe a vida. E Pradelle, aristócrata vido a menos, cínico e mullereiro, está obsesionado con recuperar o seu status social. De regreso en París, os tres ex-combatentes rebelaranse contra unha realidade que os condena á miseria e ao esquecemento.

Así, Édouard pergeña unha enxeñosa estafa co fin de vingarse do seu proxenitor, que sempre o repudiou pola súa sensibilidade e as súas habilidades artísticas. De paso quere axudar ao fiel Albert, cuxo prurito é fuxir ás antípodas para esquecer a Cécile, o seu amor perdido. Aínda que talvez o máis ambicioso sexa Pradelle, que sacudirá a conciencia de Francia enteira mediante unha monumental operación delituosa concibida para amasar unha rápida fortuna. Os escollos son considerables, pero a vontade dos tres parece infinita.

Premio Goncourt 2013

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LEM nos novidades vida cotiá



viernes, 11 de julio de 2014

Na sala de audiovisuais... El cuerpo

En "El cuerpo", o vixilante nocturno dun depósito de cadáveres é atropelado tras abandonar o seu posto de traballo en estado de pánico. Cando a policía se presenta para investigar, descobre que o cadáver dunha muller recén falecida desapareceu da morgue.

Sen ningunha pista que aclare o estraño suceso, o inspector Jaime Peña recorre a Álex Ulloa, o viúvo da muller desaparecida. Xuntos, durante o transcurso dunha noite intensa, intentarán descubrir a verdade sobre as misteriosas causas da morte da muller e a desaparición do seu corpo...

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL CUE

(fuente: La Butaca)

jueves, 10 de julio de 2014

A cita da semana


miércoles, 9 de julio de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Descubrindo os mandalas"

Este obradoiro propón descubrir que son as mandalas, de onde veñen e experimentar con eles a partir da cor e das súas formas.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 10, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 8 de julio de 2014

Visitas guiadas "Ven a coñecernos"


Durante todo o ano na Biblioteca realizamos visitas guiadas. É unha maneira de coñecer todo o traballo que hai detrás do que normalmente podédes ver e descubrir como funciona todo. 

Durante este mes de Xullo as visitas serán os martes e xoves ás 12:00 h., e para participar é necesario inscribirse na Biblioteca ou ben chamando por teléfono.

Unha forma de coñocer a Biblioteca dende outra perspectiva.


lunes, 7 de julio de 2014

La luz de Candela, de Mónica Carrillo

Que acontece cando nos namoramos dunha persoa que sabemos que nos vai complicar a vida? Candela é unha fotógrafa á que un día se lle cruza o amor e atropélaa, poñéndoo todo patas arriba. E xa nada será como antes.

O responsable dese turbillón é Manuel, un novo modelo co que vivirá unha historia de amor tan fascinante como aditivo. A emoción dos primeiros bicos, a complicidade, a paixón. Pero tamén a angustia de quen non recibe todo o que dá. E o apoio incondicional e máxico das amigas. A cara e a cruz do amor. Porque a vida segue, sempre segue...

"La luz de Candela" é un precioso canto ás emocións, unha delicada novela chea de sensibilidade que entusiasmará ao lector.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CAR luz novidades romántica



viernes, 4 de julio de 2014

Na sala de audiovisuais... Antes del anochecer

Jesse e Celine encóntranse de novo, esta vez durante o verán na fermosa Grecia. Pasaron nove anos dende o seu segundo e último encontro romántico en París e case dúas décadas dende que coincidiron nun tren con destino a Viena. Aínda lles queda unha oportunidade?

Aclamada pola crítica internacional e considerada unha das historias románticas máis memorables do cine contemporáneo. Escrita e dirixida polo nominado ao Oscar Richard Linklater ('Antes do atardecer'). Un guión coescrito cos seus dous actores protagonistas: Julie Delpy ('2 Días en París) e Ethan Hawke ('Gattaca').


Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: ROMÁNTICO ANT novedades

(fuente: Web oficial)

jueves, 3 de julio de 2014

A cita da semana



miércoles, 2 de julio de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Xogando ca historia"

Este obradoiro propón descubrir como xogaban os nenos e nenas na idade clásica.

Xa na antigüidade, os pais e nais consideraban o xogo como un aspecto vital na formación dos seus fillos e na súa preparación para a vida. Ven e xoga connosco!

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

Mañá, xoves 3, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 1 de julio de 2014

Curso de informática básica para adultos


Este mes de Xullo tedes a oportunidade de participar no curso "Informática básica para adultos" que terá lugar na Biblioteca. Temos 10 prazas dispoñibles e terá lugar os luns, martes e mércores (podédes ver a datas exactas máis abaixo). O contido do curso será o seguinte:

1. Conceptos e nocións básicas
- Principais compoñentes dun equipo informático : hardware, software
- Escritorio de Windows: configuración e elementos
- Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo
- Teclado: teclas básicas e atallos
- Funcións básicas: creación de carpetas, apertura de programas, ventas e menús
- Elementos externos: impresora, lector de cds, usb, etc.

2. Procesador de textos
- Barra de ferramentas, elementos básicos
- Configuración da páxina
- Modificación de textos: copiar, pegar, eliminar, xustificar, etc.
- Fontes: tamaño, grosa, cursiva, subliñado, etc.
- Inserir imaxes, táboas, cadros de texto e outros elementos

3. Internet
- Conceptos básicos: que é internet, os virus, etc.
- Buscadores máis importantes e o seu uso
- Correo electrónico
- Redes sociais
- Outras páxinas: foros, blogs, etc.

Datas: 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de Xullo
Horario: de 11:30 a 12: 30 h.
Lugar: Sala multiusos

Para participar é necesario inscribirse na oficina de Administración da Biblioteca.

Agardamos as vosas solicitudes!!