lunes, 30 de junio de 2014

Horario de verán

Recordarvos que a partires de mañá e durante os meses de Xullo e Agosto o horario da biblioteca será: 

Luns a venres de 8:30 a 14:30 h.
Sábados pechado


El unicornio, de Iris Murdoch

Cando Marian Taylor acepta un emprego de institutriz no castelo de Gaze e chega a ese remoto lugar situado no medio dunha paisaxe terriblemente fermosa e desolada, non imaxina que alí encontrará un mundo en que o misterio e o sobrenatural parecen precipitar unha atmosfera de catástrofe que envolve a estraña mansión, e nimba cunha luz de irrealidade as figuras do drama que nela se está a representar.

Hannah, unha criatura pura e fascinante, é o personaxe principal dese pequeno círculo de familiares e serventes que se moven en torno a ela como guiados cara a un desenlace imprevisible. Pero Marian non pode saber se ese divino ser é en realidade unha vítima inocente ou se estará a expiar algún antigo crime.

Unha historia que combina con maxistral eficacia a intensidade da novela gótica e a fascinación do conto de fadas. Unha novela impresionante na que Iris Murdoch explora as fantasías e indecisións que gobernan a todos aqueles que foron condenados a unha entrega apaixonada, aínda que sen esperanza.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MUR uni novidades terror



viernes, 27 de junio de 2014

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 28, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... La herida

Ana ten 28 anos, séntese útil e satisfeita no seu traballo rutineiro axudando a outros. Non obstante, fóra da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse. É socialmente torpe, mesmo agresiva, coas persoas máis próximas e queridas. Ana non pode controlar este comportamento, nin as súas emocións, polas que sofre e se atormenta, sentíndose culpable. No fondo só querería estar ben consigo mesma e cos demais, ser feliz.

Pouco a pouco, a súa conduta vaise facendo cada vez máis autodestrutiva, chegando a autolesionarse, sentíndose cada vez máis illada. Ana padece o que os psiquiatras chaman Trastorno Límite da Personalidade, ou Conduta Borderline. Pero ela non o sabe.

Premio Goya 2014 ao Mellor Director Novel e Mellor Actriz Protagonista

Premio Especial del Jurado no Festival de San Sebastián


Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL HER novedades

(fuente: LaButaca)

jueves, 26 de junio de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "Maxia de aquí e de acolá" con David Méndez.

"Maxia de aquí e de acolá" é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento.


Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais, como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas… elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse, levitar ou trocar de aparencia.

Unha actividade para toda a familia

Entrada libre ata completar o aforo

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. no Salón de Actos


miércoles, 25 de junio de 2014

Aviso: Horario de verán

Durante os meses de Xullo e Agosto o horario da biblioteca será: 

Luns a venres de 8:30 a 14:30 h.
Sábados pechado


martes, 24 de junio de 2014

Hotel Paradiso, de Ramón Pernas

Cando o enxeñeiro J. I. construíu a residencia de anciáns Paradiso, nunca se imaxinou que pasaría nela os últimos días da súa vida. Recluído alí polos seus fillos, o ancián comeza a maquinar un plan para «liberar» os seus compañeiros de residencia. Para el, o Paradiso convertérase nun inferno.

Mentres, e sen que J. I. sospéiteo, a casualidade quere que a ese mesmo pobo chegue o circo Tivoli enchéndoo todo de cor e maxia e cunha atracción estrela: a elefanta Zara; a mesma que cincuenta anos atrás el regalara ao seu fillo acabado de nacer, agora dono do circo. Ramón Pernas consegue envolver o lector nunha trama áxil de grande altura literaria, na que a maxia do circo e a soidade da vellez se unen para contar unha historia brillante e emotiva.


Premio Azorín 2014

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N PER hot novidades vida cotiá



lunes, 23 de junio de 2014

Mesa de conversa en francés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 24, a partir das 18:30

Animádevos a participar!


Café Filosófico


Mañá, martes 24, temos unha nova reunión do noso Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: a beleza.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


viernes, 20 de junio de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 23, ás 09:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 21, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... 12 años de esclavitud

Baseada en feitos reais, "12 años de esclavitud" reflicte a loita dun home pola súa liberdade e supervivencia. Dúas décadas antes da Guerra Civil estadounidense, Solomon Northup, un home libre de raza negra que vivía no estado de Nova York, foi secuestrado e vendido como escravo.

Nos anos seguintes, nos que coñeceu a crueldade -personificada por un desapiadado propietario de escravos- e tamén a amabilidade en momentos inesperados, Solomon loitou non só por conservar a súa vida, senón tamén a súa dignidade. No duodécimo ano do seu suplicio, un encontro casual cun abolicionista canadense cambiou a súa vida para sempre

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA DOC novedades

(fuente: LaButaca)

jueves, 19 de junio de 2014

Mañá na Biblioteca...

Temos o espectáculo "Toin, toin" con Raquel Queizás.

Toin Toin é unha cazapa que ao chegar a noite non quere durmir.
Que fará o seu papá para conseguir durmila?

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20prazas)

Mañá, venres 20, ás 18:00 h. na Ludoteca


miércoles, 18 de junio de 2014

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Este mes traemos máis novidades para todos os que preferides a non-ficción. Ideas para decorar a casa, descubrir o porqué da moda de andar en bici, como plantar unha leituga ou ensinar como manexar facebook a túa avóa...Vós elixides! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.
















martes, 17 de junio de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Trala resaca do Arde Lucus que mellor que unha boa historia para descansar un pouco de tanta troula. Aquí están as novidades de ficción que chegaron aos nosos andeis nos últimos días. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















lunes, 16 de junio de 2014

Mesa de conversa en inglés


Mañá, 17 de xuño, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Xa temos aos gañadores da Fase Provincial...

do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2014"! Aquí están os nomes dos afortunados e os seus traballos.


DEBUXO


Categoría A (ata 8 anos)

Isara Longarela. 8 anos. Biblioteca de Outeiro de Rei
Nausica Bernardi Ares. 8 anos. Biblioteca de Burela
Elena Páez Burgo. 7 anos. Biblioteca Provincial
Accésits
Helen Aragón Mejía. 7 anos. Biblioteca de Foz
Gabriela Pedre Lastra. 8 anos. Biblioteca de Alfoz
Crinu Calin Cioaca. 7 anos. Biblioteca de Foz


Categoría B (de 9 a 11 anos)
Claudia Pérez Portomeñe. 9 anos. Biblioteca Provincial
Lucía López Mosquera. 11 anos. Biblioteca de Sober
Andrés López Díaz. 10 anos. Biblioteca de Barreiros
Accésits
Lucía Dovale Posada. 10 anos. Biblioteca de Foz
Marta Montes Coego. 11 anos. Biblioteca de Antas de Ulla


Categoría C (de 12 a 16 anos)
Susana Varela Negro. 14 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Pablo Vivero Fernández. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
Mónica Díaz Fraga. 12 anos. Biblioteca Provincial
Accésits
Paula Barreiro Rodríguez. 12 anos. Biblioteca provincial
Lana Vázquez Pedreda. 16 anos. Biblioteca de Monforte de Lemos
Aitor Álvarez Bouza. 12 anos. Biblioteca de Barreiros
Emma Pintor Valledor. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo. Ribadeo



NARRACIÓN

Categoría A (ata 8 anos)
Lucía Cancelos Rebolo. 8 anos. Biblioteca de Burela
Álvaro Buitrón Amaro. 7 anos. Biblioteca de Monforte de Lemos
Cristina Chen Meijide Méndez. 7 anos. Biblioteca de Foz
Accésits
David Martínez Janeiro. 7 anos. Biblioteca de Ribadeo
Xavi Román Iriarte Álvarez. 8 anos. Biblioteca de Ribadeo


Categoría B (de 9 a 11 anos)
Carla Gómez Lestegás. 10 anos. Biblioteca de Burela
Andrea González Luaces. 11 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Lucía Álvarez Domínguez. 11 anos. Biblioteca de Quiroga
Accésits
Antía Lillo Irimia. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá
Héctor Fernández Otero. 9 anos. Biblioteca de Antas de Ulla


Categoría C (de 12 a 16 anos)
Antía Enríquez Martínez. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Sabela Jorge Vidal. 16 anos. Biblioteca de Sober
Alba García García. 12 anos. Biblioteca de Alfoz
Accésits
Javier Álvarez Méndez. 12anos. Biblioteca de Lourenzá
Marina I. Riesco Amurrio. 16 anos. Biblioteca Provincial de Lugo


A entrega de premios terá lugar este xoves, 19 de xuño, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

Noraboa a todos os premiados!



viernes, 13 de junio de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 16, ás 09:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



A desfrutar do Arde Lucus!!


Mañá pechamos


Recordarvos que mañá, sábado 14 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tareas de desinfectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


jueves, 12 de junio de 2014

Na sala de audiovisuais... Blue Jasmine

Jasmine, unha muller rica e glamourosa da alta sociedade neoiorquina, encóntrase de súpeto sen diñeiro e sen casa. Decide entón mudarse a San Francisco a vivir coa súa irmá Ginger, unha muller de clase traballadora que vive co seu noivo nun pequeno apartamento.

Jasmine, que atravesa o momento máis crítico da súa vida, intenta recuperarse e recompoñerse, aínda que lle será moi difícil esquecer a súa antiga vida en Manhattan.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA BLUE novedades

(fuente: LaButaca)

miércoles, 11 de junio de 2014

Aviso: Cambio de horario

Dende o luns 16 ata o luns 30 de Xuño, o horario da biblioteca será: 

Luns a venres de 9:00 a 20:00 h.
Sábados de 10:00 a 14:00 h.

Xa temos o verán á volta da esquina!!



Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Lucernae" con Escola Lucense de Tempo Libre.

Obradorio de elaboración de lucernas romanas cerámicas (lámpadas de aceite) no cal os rapaces aprenderán a facer unha, e coñecerán cada unha das súas partes e o seu uso na antigüedade; o mesmo tempo descubrirán como era o traballo dos oleiros

Teremos dous sesións para distintas idades:

- Ás 17:00 h. para nen@s de 4 a 8 anos
- Ás 18:00 h. para nen@s de 9 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (12 prazas)

Agardámosvos mañá, xoves 12, na Sala multiusos


martes, 10 de junio de 2014

Aviso: Pechamos o sábado 14


O sábado 14 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinfectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


NW London, de Zadie Smith

Finalista do Premio Orange e do National Book Critics Circle Award, esta última novela de Zadie Smith vén a confirmar a súa sólida posición entre os autores máis destacados do panorama narrativo en lingua inglesa. Dona dunha brilante combinación de sentido do humor, intelixencia e empatía, e dunha especial sensibilidade para captar as facetas máis peculiares da natureza humana, Zadie describe como ninguén a diversidade de voces, rostros e emocións dos habitantes do noroeste de Londres, barrio onde se criou e un dos enclaves urbanos con maior índice de multiculturalidade non só de Inglaterra, senón do mundo.

Os protagonistas da historia, Leah, Natalie, Felix e Nathan, creceron entre edificios de protección oficial e, agora na trintena, a ambición e o azar leváronos a alcanzar posicións sociais moi distintas. Os encontros e desencontros entre eles poñen de manifesto as súas diferenzas raciais, a validez do ascenso social, a súa actitude ante cuestións de fondo como a maternidade, a amizade, a lealdade.

Ao tempo que vai desvelando os segredos dos seus personaxes, Zadie Smith ofrece ao lector un percorrido por unha zona de Londres tan cativadora como violenta, onde as animosas avenidas enmarcan lóbregas rúas e errar o camiño pode conducir a unha calexa sen saída. Así pois, o incesante fluxo de persoas de todo tipo e cor, individuos obrigados a reinventarse día a día, ano tras ano, conforman un auténtico laboratorio de proba da sociedade mixta e universal que o futuro nos depara.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SMI nwl novidades vida cotiá