viernes, 30 de mayo de 2014

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 31, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Stoker

Cando India Stoker perde o seu amado pai e o seu mellor amigo Richard nun tráxico accidente de tráfico o día do seu 18 aniversario, a súa tranquila vida familiar vese sacudida. Cunha gran delicadeza, India mostra unha actitude impasible que enmascara os profundos sentimentos que só o seu pai podía entender.

India vese entón atraída cara ao irmán do seu pai, Charlie, que se presenta de xeito inesperado no funeral e decide quedar con ela e coa súa emocionalmente inestable nai, Evie. Nun principio, India non confía no seu encantador e misterioso tío, pero despois descubrirá todo o que teñen en común.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: SUSPENSE STO novedades

(fuente: LaButaca)

jueves, 29 de mayo de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Sherezade Bardaji "Palabras confeitadas".

É un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade, cos libros, a través dos sentidos, dos obxectos, das sombras.

Pais, nais e bebés.... a viaxe é para todos.

Poderemos atopar contos, sons, arrecendos, agarimos.

Un espazo onde parar o tempo.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Mañá, venres 30, ás 18:00 h. na Ludoteca


miércoles, 28 de mayo de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XXIV)

Entramos na recta final do club de lectura, e é que xa non queda nada para dar por rematado “o curso” e facémolo ca lectura do que probablemente está considerado coma un dos mellores escritores da narrativa española contemporánea: Javier Marías.

O autor nace en Madrid en 1951 e publica a súa primeira novela vinte anos máis tarde, “Los dominios del lobo”, momento no que coñece a Juan Benet ao que o unirá unha gran amizade e que foi unha persoa clave na súa vida persoal e literaria. Entre 1983 e 1985, Marías imparte clases de Literatura Española e Teoría da Traducción na Universidad de Oxford e algún anos máis tarde, farao tamén na Complutense de Madrid. Publica logo algunhas novelas que o acabarán convertendo no autor recoñecido que é hoxe: “El hombre sentimental”, “Todas las almas”, “Corazón tan blanco”, “Mañana en la batalla piensa en mi” e “Tu rostro mañana”.

E será un deles o que nos ocupe nestas últimas sesións do club de lectura: “Corazón tan blanco”, que ten un dos arranques máis eloxiados dos últimos tempos:

“No he querido saber, pero he sabido que una de las niñas, cuando ya no era niña y no hacía mucho que había regresado de su viaje de bodas, entró en el cuarto de baño, se puso frente al espejo, se abrió la blusa, se quitó el sostén y se buscó el corazón con la punta de la pistola de su propio padre, que estaba en el comedor con parte de la familia y tres invitados. Cuando se oyó la detonación, unos cinco minutos después de que la niña hubiera abandonado la mesa, el padre no se levantó en seguida, sino que se quedó durante algunos segundos paralizado con la boca llena, sin atreverse a masticar ni a tragar ni menos aún a devolver el bocado al plato; y cuando por fin se alzó y corrió hacia el cuarto de baño, los que lo siguieron vieron cómo mientras descubría el cuerpo ensangrentado de su hija y se echaba las manos a la cabeza iba pasando el bocado de carne de un lado a otro de la boca, sin saber todavía qué hacer con él.”

A novela toma o título dun verso de Shakespeare, de quen Marías ten recoñecido en diversas ocasións a súa grandeza e o misterio que encerra, afirmando ademáis que o invita a escribir. De xeito, cando Vargas Llosa lle ten preguntado qué escritor lle gustaría ser, se puidera escoller, sempre se decanta polo xenio británico e engade: “nunca acabo de entender cómo funciona su cabeza”.

Fai moi pouco, Javier Marías xunto a Pérez-Reverte e Vargas Llosa mantiveron unha conversa a tres frontes xunto a máis de 800 lectores, na celebración do 50º aniversario de Alfaguara, velaquí tedes ese testimonio tan interesante.


Art nouveau de Juego de Tronos

Que aínda que soe raro, é o que podemos atopar neste blog sobre posters vintage. Unha colección de carteis ao máis puro estilo Alphonse Mucha das protagonistas femininas da saga. Que vos parecen? Poñeriades algún na vosa casa?






martes, 27 de mayo de 2014

Regreso a tu piel, de Luz Gabás

Brianda de Lubich, única herdeira do señor máis importante do condado de Orrun, ve como o mundo ao seu arredor se esborralla tras a morte do seu proxenitor. Nunha terra convulsionada polas guerras, na que ela e outras vinte e tres mulleres serán acusadas de bruxaría, só poderá aferrarse a un home: aquel a quen xurou amar máis alá da morte.

O desenlace desta historia de amor inquebrantable chegará séculos despois, cando unha nova enxeñeira comece a recuperar fragmentos dun mundo pretérito e a sentir un amor irracional cara a un estranxeiro chegado a un recóndito lugar das montañas para reconstruír a mansión familiar herdada dos seus antecesores.

As impenetrables paisaxes que separan a Francia e a España do século XVI albergan unha historia única de loita, amor e xustiza.

Podes atopalo na Biblioteca có rótulo: N GAB reg novidades romántica



Os relatos e debuxos gañadores da Fase Local

Aquí están as historias gañadoras da Fase Local do Certame de Debuxo e Narración "Letras Galegas 2014". Premede na imaxe e desfrutade da lectura destas inxeniosas narracións!




E na nosa galería de Facebook podédes desfrutar dos debuxos gañadores




lunes, 26 de mayo de 2014

Mesa de convera en francés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 27, a partir das 18:30 na Sala multiusos

Animádevos a participar!


Xa temos aos gañadores...

da Fase Local do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2014"! Aquí están os nomes dos afortunados, e nos próximos días publicaremos os seus traballos.


DEBUXO

Categoría A (ata 8 anos)
Elena Páez Burgo
Sara Álvarez Civera
Alba Abelleira Amigo

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Claudia Pérez Portomeñe
Julieta Vélez Lacour
Pablo Couso Varela

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Mónica Díaz Fraga
Ana Treitas Iglesias
Paula Barreiro Rodríguez


NARRACIÓN

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Sandra Puebla González
Andrea González Luaces
Susana Ibáñez Chas

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Candela Ángela Neira Villares
Mario Rodríguez Salgado
Marina F. Riesco Amurrio


A entrega de premios terá lugar mañá, martes 27, ás 18:00 horas no Salón de Actos.

Noraboa a todos!!


Café Filosófico


Mañá, martes 27, temos unha nova reunión do noso Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: a intelixencia emocional

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


viernes, 23 de mayo de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 26, ás 09:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 24, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... La gran belleza

Na película "La gran belleza (A grande bellezza)", de Paolo Sorrentino, damas da aristocracia, arribistas, homes políticos, criminais de alto voo, xornalistas, actores, nobres decadentes, prelados, artistas e intelectuais - auténticos ou supostos - tecen a trama de relacións inconsistentes, todos envolvidos nunha Babilonia desesperada que se axita nos pazos antigos, as inmensas vilas, as terrazas máis fermosas da cidade.

Todos están alí. E non teñen o mellor aspecto. Jep Gambardella, 65 anos, escritor e xornalista, indolente e decepcionado, a mirada perpetuamente empapada de gin tonic asiste a este desfile dunha humanidade oca e descomposta, poderosa e deprimente. Unha atonía moral que dá vertixe. E en segundo plano, Roma, o verán. Espléndido e indiferente. Como unha diva morta.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA GRA novedades

(fuente: LaButaca)

jueves, 22 de mayo de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos obradoiro con Noemí López.

Para conmemorar o Día Mundial da Diversidade Cultural, realizaremos un caderniño animado, mais coñecido como “flip-book” para comprender de xeito práctico a diversidade.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 23, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 21 de mayo de 2014

A cita da semana



As crónicas do Club de Lectura (XXIII)

Chegar ao stand da biblioteca na Feira do Libro e atopar un grupiño de xente bastante numeroso sentado coma pequechos arredor do coordinador, nun recuncho, é coma dicir que aínda existe esperanza para a lectura. Dí Alberto Manguel en “Una historia de la lectura”:

Escuchar leer a otros con el fin de purificar el cuerpo, hacerlo para disfrutar o conceder a los sonidos mayor valor que al contenido, enriquecen el acto de la lectura”

E así foi que estivemos xuntos lendo o que comentamos a semana pasada neste blog: “Nimbos” de Xosé María Díaz Castro. Facendo una rolda de lectura poética cada un co poema que máis lle gustara e comentando, ademáis, a lectura previa da obra. O máis lido foi “Penélope”.

Pero esta sesión aportou cousas novas ao club: sumándose ao novo escenario, houbo oíntes inesperados que se uniron a nós para saber qué facíamos, a lectura en voz alta e logo chegou unha aportación de cada membro sobre unha lectura recomendada. Facémolo a menudo, pero aproveitando a ocasión da feria, fomos propoñendo títulos para formar un listado que máis adiante, compartiremos e se cadra, tamén trasladaremos a este blog. Saíron novelas xa coñecidas, obras de ciencia ficción, autores e autoras en xeral, propostas novas e clásicos...

Unha vez rematada a sesión, tocaba facer a foto do evento. Todos os anos gustamos de ter un recordo das actividades que organiza o club, de modo que aproveitando o stand da biblioteca cheo de libros, fixemos o retrato!

E para non esquecernos do resto dos stands da feira tamén fixemos unha rolda polos postos das librarías, para ir recadando recomendacións dos profesionais, outro punto de vista. Cada un dos libreiros propúxoños títulos e autores que incluiremos na nosa lista.

Volvendo a Manguel… somos locos dos libros e para nós son todos xestos correntes:

“sacar los lentes del estuche, limpiarlos con un paño o el dobladillo de la blusa o el extremo de la corbata, para colocarlos en la nariz y sujetarlos detrás de las orejas antes de dirigir al mirada hacia la página que tenemos delante”.

E cada vez recollemos máis propostas lectoras para que non nos falte suministro. Mentras tanto, a próxima semana seguimos lendo no club. Xa contaremos!


martes, 20 de mayo de 2014

Actividade "Recursos educativos na internet para os meus fillos"


Internet é unha ferramenta máis, boa ou mala, todo depende do uso que se lle dea...

Para os pais, a mellor maneira de controlar o que os fillos fan na web é darlles pautas e opcións útiles e atractivas, coas que non só ocupan o tempo de uso informático, senón que reforzan e axudan a ampliar os seus coñecementos. 

Unha actividade para todos aqueles interesados en proporcionar ferramentas educativas de calidade aos máis pequenos. A entrada é libre.

Agardámosvos o próximo venres 23, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Seguimos coas novidades, porque sabemos que estades desexosos de novo material para as vosas neuronas, nesta caso coa non-ficción. Biografías de todo tipo de persoaxes, receitas innovadoras, segredos para vivir mellor... Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.
















lunes, 19 de mayo de 2014

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 20, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Reinas malditas, de Cristina Morató

As apaixonantes vidas de seis raíñas que deixaron unha profunda pegada na Historia.

Así foron e así viviron seis raíñas lendarias tan extraordinarias como descoñecidas, aínda que infinidade de películas e novelas nos mostrasen o seu lado máis glamuroso.

A emperatriz Sissí, Alejandra Romanov, Cristina de Suecia, Eugenia de Montijo, Victoria de Inglaterra e María Antonieta; Cristina Morató ensínanos o seu lado máis humano, o que a historia oficial non contou delas. Excéntricas, caprichosas, comprometidas, beatas, rebeldes, ambiciosas, valientes...

Algunas tiveron un final tráxico que as converteu en lenda; outras foron testemuñas de excepción do ocaso do seu imperio, pero todas elas foron máis alá do luxo e o esplendor da corte. Mulleres de carne e óso que non puideron elixir o seu destino. Estas son as apaixonantes historias de seis raíñas inesquecibles.

Podes atopalo na Biblioteca có rótulo: 929 MOR rei novidades


viernes, 16 de mayo de 2014

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 19, ás 09:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Máis actividades na Feira do Libro

Se esta fin de semana visitades a Feira do Libro, temos dúas actividades para os máis pequenos:


O sábado 17 ás 18:00 h. temos unha actividade de ilustración e narración, diferente, singular e moi entretida. Mentres a ilustradora/contadora vai narrando un conto, o ilustrador vaino debuxando nun tamaño bastante visible, co que vai potenciando o interese polo conto. O público está pendente do debuxo e de como se vai desenvolvendo a historia, e ambas as dúas cousas se van coordinando. Unha actividade para toda a familia. A entrada será libre ata completar o aforo.


E o domingo 18, tamén ás 18:00 h., sesión de contacontos con Wadim e Fátima Fernández con "Viaxa connosco". En todas as partes, dende os lugares máis próximos aos máis remotos, cóntanse historias. E moitas desas historias dormen nos libros. Hoxe espertaremos con música algúns dos personaxes de culturas próximas e afastadas; así veremos como en todos os lugares as preocupacións das persoas son ben parecidas. Unha contada onde a música conta e a palabra soa...
Unha actividade para toda a familia. A entrada será libre ata completar o aforo.


jueves, 15 de mayo de 2014

"Retratando a Díaz Castro" na Feira do Libro


Continuamos coas actividades da Feira do libro, neste caso có obradoiro "Retratando a Díaz Castro".

Trátase dun obradoiro no que os nenos deseñarán un retrato de Díaz Castro para dar a coñecer este escritor de gran relevancia na literatura galega. Aprenderán a técnica do collage e a debuxar con estilo cubista utilizando a perspectiva múltiple; a máis axeitada para plasmar a doble faceta do autor: a de poeta e a de traductor.


Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos.

Agardamosvos mañá, venres 16, ás 18:00h. na Feira do Libro (Praza Maior).


Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa están aquí as novidades!!! Novela de intriga, romántica, histórica... tí decides cal irá contigo para casa. Aquí vos deixamos algunhas opcións... Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.