viernes, 28 de febrero de 2014

Aviso: Horario de Entroido


Con motivo do Entroido, os días 28 de Febreiro e 3 de Marzo 

o horario da biblioteca será de 9:00 a 20:00 horas.



Na sala de audiovisuais... Los últimos días

Ano 2013.

Unha misteriosa enfermidade esténdese por todo o planeta. O pánico domina a poboación, que se nega a saír á rúa, pois iso provoca a morte de xeito fulminante.

Toda a poboación mundial queda encerrada nas súas casas. Mentres a civilización se esborralla, Marc, sen poder saír á rúa, emprende unha misión case imposible: a busca de Julia, a súa noiva desaparecida.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL ULT

(fuente: Filmaffinity)

jueves, 27 de febrero de 2014

A cita da semana


Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Facendo o Antroido" con Cucarandainas

Obradoiro de manualidades onde dunha forma creativa e instrutiva, fomentaráse a creatividade e o desenrolo da comprensión espacial e da motricidade.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 28, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 26 de febrero de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XII)

Comezamos esta semana coa proposta de lectura de Arto Paasilinna e o seu “Delicioso suicidio en grupo”, unha novela máis que coñecida xa, do autor finlandés.

Xa fai tempo que defendo unha particular cruzada a favor de Paasilina, baseada no seu fantástico tratamento do humor. Non é fácil atopar na literatura contemporánea boas historias tinguidas de humor que ao mesmo tempo leven á reflexión.

En “Delicioso suicidio en grupo” coñecemos a Onni Rellonen, xerente dunha pequena empresa que quebrou, que anda co ánimo destartalado e na noite de San Xoán, decide poñer fin a súa vida. Parece ter atopado o lugar perfecto nun graneiro, pero descubre sorprendentemente que non está solo: outro home, o coronel Kemppainen, tamén escolleu o mesmo sitio para suicidarse.

Logo dese encontro, ámbolos dous fanse amigos e chegan a idea xenial de fundar unha asociación de aspirantes a suicidas. Así, coñecerán a unha serie de personaxes do máis pintorescos e recorrerán Europa na procura do mellor acantilado no que abandoarse á morte.

"– Si ahora nos tirásemos al lago para ahogarnos, dejaríamos a más de seiscientas personas a su suerte. Podrían matarse. Moralmente seríamos responsables de sus muertes – filosofaba el director al borde del embarcadero.

- Bueno, sí... ahora no sirve de mucho suicidarse, justo cuando nos hemos echado sobre las espaldas a un batallón de pobres diablos -admitió el coronel.

- Un auténtico batallón de suicidas – añadió Rellonen." (fragmento da obra)

Con este prantexamento está claro que o lector atopará, situacións absurdas e cómicas que arrincarán máis dun sorriso, pero tamén é verdade que Paasilinna persegue a reflexión. Porque non podemos esquecer que a relación dos finlandeses coa morte é especial, xa que o país rexistra un dos índices máis altos de suicidio.

"El enemigo más poderoso de los finlandeses es la oscuridad, la apatía sin fin. La melancolía flota sobre el desgraciado pueblo y durante miles de años lo ha mantenido bajo su yugo con tal fuerza, que el alma de éste ha terminado por volverse tenebrosa y grave. Tal es el peso de la congoja, que muchos finlandeses ven la muerte como única salida a su angustia." (fragmento da obra)

As novelas deste autor son un retrato encarnizado da sociedade contemporánea (especialmente da nórdica) e a crueldade da que parten sería imposible de dixerir sen o tamiz de humor que el lle impregna. Paasilinna non frivoliza, senón que tende a conducir ao lector cara unha perspectiva nova de ver as cousas.

Ocorre deste xeito en todas as súas obras, xa que en temática e estilo e bastante recorrente: a morte, a amistade, a defensa da natureza,…vistas dende unha perspectiva humorística. Delas, podedes atopar unha selección interesante na biblioteca; das que destacaría, ademáis da presente, “El bosque de los zorros” (N PAA bos). Xa tamén dispoñible na súa tradución ao galego “ O bosque dos raposos aforcados” (G-N PAA bos).


martes, 25 de febrero de 2014

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa estamos acabando este mes tan pasado por auga, e como os bos libros valen tanto para días de choiva coma de sol, aquí están algunhas das últimas novidades en novela. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.















lunes, 24 de febrero de 2014

Café Filosófico


Mañá, martes 25, temos unha nova reunión do noso Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: Medo á liberdade

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


Mesa de conversa en francés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 25, a partir das 12:30 na Sala multiusos

Animádevos a participar!


viernes, 21 de febrero de 2014

Na sala de audiovisuais... Anna Karenina

"Anna Karenina" (2012) é a nova adaptación cinematográfica da tráxica novela de León Tolstoi que dirixe Joe Wright.

Na obra orixinal, Anna Karenina (Keira Knightley) é unha muller da alta sociedade rusa cuxo marido, Karenin (Jude Law), traballa como funcionario. Oblonsky (Matthew Macfadyen), o irmán da protagonista, pídelle que lle axude a facer as paces coa súa esposa Dolly (Kelly Macdonald), quen se decata de que lle foi infiel. Curiosamente, durante a viaxe de Anna para falar cos seus familiares, encóntrase co conde Wronsky (Aaron Johnson), existindo unha gran química entre eles.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA ANN novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 20 de febrero de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos a sesión de narración "Maís que contos" con Josito

Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, contacontos baseado na narración de contos bilingües e cancións acompañadas de guitarra en diferentes linguas maternas: inglés, castelán e galego, apoiadas nunha formulación participativa, onde a dramatización axúdanos a unha mellor compresión.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 21, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 19 de febrero de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XI)

Unha semana máis atopámonos inmersos na lectura de “La mancha humana” de Philip Roth, tal e como xa contamos nas crónicas anteriores.

Seica non podemos facer un spoiler (descripción dunha parte importante da trama) a favor de quen a está a ler canda nós, polo que me parece unha boa ocasión para facer unha parada na literatura norteamericana de hoxe en día.

A maioría dos membros do club está encantado ca lectura desta novela de Roth. Aínda que plantexa unha historia, que a primeira vista podería ser un tanto rocambolesca, resulta ser un fresco interesante das características da sociedade americana. Como xa ocorrera con “Libertad” de Jonathan Franzen, parece que os autores dos EE.UU, conseguen cando menos, satisfacer as nosas demandas como lector@s. Por iso, non imos falar hoxe aquí de autores xa coñecidos por todos, como podería ser Auster ou Foster Wallace, senón que lle adicaremos este post, os denominados emerxentes.

A.H. Homes
Comezaremos a viaxe facendo parada en A.M Homes, unha autora que tira moito da súa propia experiencia e cultiva con eficacia o relato. Pouco coñecida en España, tedes dispoñible na biblioteca baixo a sinatura N HOM hij, a súa obra autobiográfica “La hija del amante”.

Outro exponente destacado na actual novela norteamericana, pero cunha traxectoria máis coñecida, é Jonathan Lethem (quen completa a tríada Franzen /Safran-Foer) un practicante da literatura lúdica que asume o posmodernismo sen parecerse a ninguén. Destacamos “Cuando Alice se subió a la mesa” (N LET cua) e “La fortaleza de la soledad” (N LET for).
Jonathan Lethem

Junot Díaz resulta un autor moi interesante nesta colección, xa que é quen de reflectir a experiencia dominicana nos EE.UU a través das súas historias. Acadou o premio Pulitzer no 2008 coa súa obra “La breve y maravillosa vida de Óscar Wao” (N DIA mar) repleta da xerga anglohispánica e dun sarcasmo non exento de crítica.

E finalmente por hoxe, resaltamos a Dave Eggers. Unha sorte de aglutinante moral neste grupo, que a finais dos anos 90 crea a revista McSweeney’s, de ambicións contraculturais. A publicación tiña como intención primeira, publicar textos que outras revistas rexeitaban. Así moitos dos narradores nomeados aquí, atoparon cabida nas súas páxinas.
Dave Eggers

Os seus libros máis orixinais son os que se basan en feitos reais, como sería Zeitoun (N EGG zei), que retrata as desventuras dun inmigrante sirio de Nova Orleans que, nunha canoa, sae rescatar veciños que se atopan á deriva tralo desastre do Katrina, e termina no cárcere.

Espero que vos pique a curiosidade e tomedes en préstamo algún destes títulos. Lembrade que oss comentarios do blog están abertos!


martes, 18 de febrero de 2014

Mesa de conversa en inglés


Mañá, mércores 19, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 no Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



El proyecto esposa, de Graeme Simsion

"Chámome Don Tillman, teño trinta e nove anos e son profesor adxunto de Xenética na Universidade de Melbourne. O meu traballo está ben remunerado, aliméntome de forma equilibrada e regular, e a miña condición física é óptima. No reino animal, non tería ningunha dificultade para aparearme, pero no humano, nunca logrei ter unha segunda cita coa mesma muller.

Os motivos do meu fracaso non remato de entendelos, e como as estatísticas mostran que os homes casados son, en media, máis felices e viven máis tempo, decidín poñer en marcha un programa vital para min, o Proxecto Esposa. A tal fin, creei un algoritmo perfecto que me permitirá excluír as candidatas inadecuadas: as fumadoras, as impuntuais, as desorganizadas, as que dedican demasiado tempo ao seu aspecto exterior... en suma, todas aquelas que non respondan aos estritos criterios que se expoñen no cuestionario de dezaseis páxinas que elaborei.

Este libro é o informe científico -aínda que me explicaron que hai que denominalo novela- acerca do resultado do meu proxecto. Quen o lea descubrirá que a candidata menos apropiada se chama Rosie; e tamén encontrará a resposta a unha pregunta fundamental: pode cambiar o amor a vida dunha persoa, mesmo dun individuo como eu?"

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SIM pro novidades humor




lunes, 17 de febrero de 2014

Dez razóns polas que nos gusta ler


Dende a páxina web Boolino compartimos estos 10 motivos polos que a lectura é unha das nosas cousas favoritas no mundo ;)

1.- Ler sacódenos o aburrimento e o fastío.

2.- Ler fainos comprender o mundo con maior amplitude e mirarnos a nós mesmos dende máis ángulos.

3.- Ler nos chea de palabras, permítenos expresar ideas que xamais pensaramos que poderiamos formular.

4.- Ler evádenos, afástanos do mundo e de nós, ao mesmo tempo que nos achega cada vez máis ao que verdadeiramente somos.

5.- Ler fainos coñecer outras persoas, afastadas no espazo e no tempo.

6.- Ler aumenta o noso imaxinario e noso argumentario, fainos críticos e libres.

7.- Ler reúnenos cos nosos antepasados e permítenos un diálogo con eles.

8.- A lectura fainos reflexionar, fainos contradicirnos e dubidar, dentro dunha sociedade que poucas veces nolo permite; ler é resistencia.

9.- Ler permítenos ver todas as cousas ocultas, invisibles e escondidas do mundo que non acostumamos a ver.

10.- A lectura sérvenos de refuxio de nós mesmos, e ao mesmo tempo permítenos volver reconciliarnos co que somos.


viernes, 14 de febrero de 2014

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 15, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Por San Valentín...lecturas mil!


Con este refrán recén inventado, traémosvos unha selección de novela romántica que podedes encontrar na biblioteca. Para pasar unha fin de semana rodeados de amor ;) Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.















jueves, 13 de febrero de 2014

Cita ás cegas na Sala Infantil


Se vés pola biblioteca é sinal de que amas os libros...

Desta vez, na Sala infantil propoñémosche unha "cita ás cegas". Mañá poderás atopar libros envoltos de xeito que non poidas ver nin autor nin título. Só teñen unha indicación de cor coa idade recomendada e unha "pista" que nos dí "algo" do libro. ¿Serás quén de escoller algún destes libros misteriosos?

Poida que xa o coñezas ou poida que non. Poida que non che guste nada ou que te namores del. É o risco dunha "cita ás cegas"…

Agardamos que as escollas se convirtan en doces sorpresas!

P.D.: se queres manter o misterio ata chegar á túa casa, deberás prestalo na propia Sala Infantil / Xuvenil ou no mostrador central de préstamo.


Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Soledad Felloza "El viaje de Lup"

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí era un lobo moito máis pequeno que o seu nome, tan longo, que por iso todo o mundo lle chamaba Lup.

Lup, un día preparou a súa maleta e foise a dar a volta ao mundo.

Un xersei, unha bufanda, unhas medias calentitas, un libro de contos, unha cámara de fotos, unha mantiña, un chupete... un chupete! Sería iso algo para levar a unha viaxe tan divertida?

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 14, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 12 de febrero de 2014

Curso "Uso básico do teléfono móbil"


Este mes temos un novo curso pensado especialmente para as persoas maiores que queren alcanzar autonomía no manexo do teléfono móbil.

Terá unha duración de 4 horas, e será os días 17 e 19 de febreiro, de 16:30 a 18:20 h.

Para inscribirse é necesario ser socio da biblioteca e o curso te unha cota de 15 prazas.


As crónicas do Club de Lectura (X)

Din as lenguas literarias de pro que se eres un verdadeiro hipster (grupo de persoas cun estilo de vida fóra do convencional, que por regra xeral establecen novas tendencias alternativas asociadas á música independente ou correntes culturais alonxadas do predominante) das letras, tes que ler entre outros, a Philip Roth.

Así que tomamos a luva tendida no club e imos esta semana con “La mancha humana”.

E quén é Philip Roth? Pois probablemente un dos autores máis premiados da súa xeración. O National Book Award foi acadado por dúas das súas novelas, e con “La mancha humana” foi quen de obter o premio británico WH Smith Literary como libro do ano. Punto e aparte dun Pulitzer conseguido pola obra “Pastoral americana” e do premio Príncipe de Asturias das letras do 2012 en España. Despois do cal, Philip Roth confirmou a súa decisión de non seguir escribindo.

Parece ademáis que é un dos autores máis influintes nos EE.UU. onde existe unha revista semestral chamada Philip Roth Studies avalada pola Purdue University Press y la Philip Roth Society.

O escritor, nado en 1933, crece en Newark, sendo o segundo fillo dunha familia xudea estadounidense recén emigrada da rexión de Galitzia, en Europa Central. Logo de graduarse, foi a Universidade de Chicago e obtivo unha mestría en literatura inglesa. Exerce como profesor de escritura creativa e máis tarde, de literatura comparada. Sirve dous anos no exército e no 1960, gaña co seu libro Goodbye Columbus, o seu primeiro premio.

A sinopsis da novela que nos toca ler esta semana, diría así: Coleman Silk, un catedrático de Universidade, ve como a súa carreira e reputación quedan destrozadas logo de facer un comentario racista inoportuno. Estamos en 1998 e o puritanismo e a corrección política invaden os Estados Unidos. Pero a verdade de Silk vai desarmar ás acusacións dos seus detractores, xa que logo, garda un secreto que ninguén coñece. Será o escritor Nathan Zuckerman (un alter ego creado por Roth que aparece en diversas das súas obras) quen reconstruirá a biografía descoñecida de Silk.

Roth afirma: “Si me pregunta si quiero que mi ficción cambie la cultura, la respuesta sigue siendo no. Lo que yo quiero es poseer a mis lectores mientras leen mi libro- si puedo, poseerlos de una manera que otros escritores no hacen-“ e dende o club queremos ser poseídos pola escritura ata atraparnos se é posible.

Coma sempre, se queredes ler canda nós, a novela está dispoñible na Biblioteca baixo a sinatura N ROT man. E os comentarios neste blog tamén son benvidos!


martes, 11 de febrero de 2014

Matar a papá, de Carina Bergfeldt

Con gran minuciosidade, unha muller planifica a morte da persoa que converteu a súa vida nun inferno, o seu pai. O macabro plan colle forma nunha libreta cuxa tapa mostra unhas apetitosas madalenas. Unha nota no frigorífico coas palabras «Matar a papá» recórdalle cal é o motor que impulsa agora a súa vida.

Mentres o plan parricida avanza, encóntrase o cadáver dunha muller nun lago da cidade de Skövde; todo apunta a unha morte violenta. A inspectora Anna Eiler traballa no caso, pero non é a única: dous xornalistas locais, Ing-Marie Andersson e Julia Almliden, realizan a súa propia investigación.


As tres teñen razóns persoais para resolver o asasinato, as tres esconden algo, pero só unha delas é capaz de preparar a sangue fría un crime aínda máis atroz que aquel que pretende resolver. Non poderás deixar de ler ata que descubras de cal das tres se trata.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N BER mat novidades intriga e misterio