martes, 23 de diciembre de 2014

Estes venres na Biblioteca...


Temos "O Apalpador" con Anxo Moure.

Dende as montañas de Ancares e Courel, baixa cara a Biblioteca de Lugo o vello carboeiro, o chamado Apalpador, que traía castañas asadas as nenas e nenos que tiñan fame naqueles tempos de inverno. Agora, son castañas asadas que cando se abren ceiban contos que alimentan o coñecemento sobre as riquezas da natureza das nenas e nenos e a súa famiña de viaxar ata carballeiras e soutos, de cruzar regatos e saltar polas penedas das fervenzas. O Apalpador levará as nenas e nenos co seu cabaliño Caramulo e con Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro a coñecer a nena loba Coureliña e o lobo Lor, recibindo como premio un agasallo da música do vento. En fin, unha tarde para encontrar, tamén no Nadal, un achegamento ao coidado da terra, dos bosques e as fragas, das montañas e as chairas, para devolverlle ao vello Apalpador o seu fogar de teixos e acivros, de bidueiras e sobreiras.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

venres 26, ás 18:00 h. na Ludoteca.


No hay comentarios: