martes, 2 de diciembre de 2014

El gran frio, de Rosa Ribas e Sabine Hofmann

Febreiro de 1956. O inverno está sendo terrible, o máis frío en España dende hai décadas. Isto non será un obstáculo para que Ana Martí, agora reporteira dun popular semanario de sucesos, acuda a unha remota e illada viliña do Mestrado aragonés para cubrir o caso dunha nena á que xermolaron os estigmas da Paixón.

O cura e o alcalde recíbena encantados ante a idea de que a súa "santiña" se faga famosa en todo o país. Pero nin don Julián, o escéptico cacique do pobo, nin a maioría dos habitantes comparten os seus simpatías cara á forasteira. Só Mauricio, un pobre pequeno minusválido, a intelixente e estraña nena Eugenia e a atormentada viúva que hospeda a Ana parecen dispostos a falar con ela. Pronto o seu olfacto de xornalista lle di que o caso de Isabelita non é o único suceso estraño que acontece en Las Torres...

O recordo dunha nena morta anos atrás en misteriosas circunstancias, o fanatismo relixioso e o frío glacial e a neve que ameazan con deixar ao pobo incomunicado son o pano de fondo da intrigas del gran frío, un impactante thriller sobre os máis baixos instintos da condición humana que é á vez un extraordinario retrato da crua realidade da España rural nos anos cincuenta.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N RIB gra novidades intriga e misterio



No hay comentarios: