miércoles, 17 de diciembre de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XXXII)

Seica moit@s de vos ledes estas crónicas e seguramente vos preguntades cómo é “por dentro” un club de lectura. Pois a iso ímoslle adicar esta crónica: a contar dende as vísceras, o que facemos no club de lectura da biblioteca.

Levo xa tempo participando neste club de lectura, sendo sempre o coordinador R e podo asegurar que case crea adición. Para ir a un club de lectura o básico é que che guste ler, así sen cortapisas, sen prexuízos, de todo... porque deste xeito aprovéitase máis.

Chegarás e propoñerán cousas que, a priori, non son do teu agrado: autores aos que xa lles traes manía de casa, textos que se non estiveras alí e chegaran a ti non seleccionarías para ler... Pero un dos ingredientes máxicos do club é ese, consegue que leas cousas que nunca pensaches ler. E por riba, acabas colléndolle o gusto.


Segundo o Ministerio de Cultura:

Un club de lectura es un grupo de personas que leen al mismo tiempo un libro. Cada uno lo hace en su casa, pero una vez a la semana, en un día y a una hora fijos, se reúnen todos para comentar las páginas avanzadas desde el encuentro anterior.

Pero a definición, restritiva onde as haxa, achégase só a beira do que realmente pasa por ser un club de lectura. Este club.

Ao final, ese grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro, aportan nas sesións do club a súa particular visión da obra e a súa interpretación; achegan á actividade moito de si mesmos. E iso convértese nalgo sumamente aditivo, porque terminas por coñecer aos teus compañeir@s e moitas veces, xérase un vínculo que só existe entre lectores. Unha unión que grazas á literatura, consegue que atopes “xente coma ti”. E aí tedes outro ingrediente máxico.

A función dun club de lectura é a de por en común, pero tamén socializar e avanzar como lectores; porque como dixen, nas sesións escoitas aos teus compañeir@s con cadansúa lectura, o que fai que progreses nas túas propias interpretacións e ademais, aprendas a valorar a opinión e puntos de vista diferentes aos teus. É tamén unha aprendizaxe emocional importante. E logo, se se presta, tomamos un café.

No club de lectura da biblioteca pública, os integrantes cubrimos varios rangos de idade, hai homes e mulleres e por suposto variedade nas profesións ou dedicacións. Pero grazas ao labor do noso coordinador, resultamos ser un grupo bastante unido, se ben é certo que de cando en vez hai que chamarlle á atención a alguén porque “no fragor da batalla” interrumpímonos, intercalamos temas que se van do debate, ou ben facemos conversas paralelas.

Polo tanto, se tedes oportunidade de unirvos ao club (a este ou calquera outro), anímovos xa que resulta ser unha experiencia moi enriquecedora capaz de agasallarnos máis literatura, se cabe.


1 comentario:

Iff dijo...

Unha moi boa definición, moi ben explicado. Eu (como integrante, por certo, pero tamén como lector) animo a calquera que probe esta experiencia e disfrute así en comunión con mais xente dos libros.
O que a min máis me gusta e quizá que difícilmente lería a maioría dos libros que R propón; algúns gústanme, outros non pero sempre disfruto dos comentarios dos compañeiros e abro novas portas.