jueves, 4 de diciembre de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XXX)

Seguindo o fío que xa abrimos a semana pasada nestas crónicas, imos ler unha desas obras que neste 2014, están de celebración, e que así comeza:

“Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal...”

“Platero y yo” tense feito cun lugar privilexiado na literatura universal e pode presumir de ser unha das tres obras máis traducidas da historia, despois da Biblia e do Quixote. Este ano cúmprense 100 anos da súa publicación e hai múltiples celebracións ao seu redor. Dende o club de lectura da biblioteca rendímoslle o noso particular homenaxe léndoo e comentándoo.

Que ten este libro para que sexa referente nas escolas de todo o mundo? Que valores transmite? O amor pola natureza, os animais e a beleza; o cultivo do espírito e a denuncia das inxustizas, son algunhas das mensaxes que transmite o libro de Juan Ramón Jiménez. Así o considera o conselleiro de Educación, Cultura e Deporte da Junta de Andalucía, Luciano Alonso, quen destaca a vixencia deses valores, pese a esforzo do autor por non vincular o libro coa literatura infantil. De feito el sinalaba no prólogo a unha das edicións: "No es un libro escrito sino escogido para los niños".

Porén, a presenza de “Platero y yo” nos libros de texto e no material escolar como recurso educativo ten sido constante ao longo dos séculos XX e XXI, de xeito que para moitos alumnos e alumnas as imaxes, palabras e o rastro de Platero, conforman xa parte da súa memoria sentimental escolar.

A primeira edición publicouse en 1914 e no 17 saíu a edición completa, composta por 138 capítulos, quedando así claro que “Platero y yo” era un texto adulto aínda que pola súa sinxeleza e transparencia adecuábase perfectamente á imaxinación e o gusto dos nenos e nenas.

Pero nalgúns capítulos faise patente a crítica social que revela unha dimensión do autor que moitos tardaron en advertir.

Aínda que o poeta tiña a intención de ampliar o texto e xogaba coa idea de escribir unha segunda parte denominada “Otra vida de Platero”, nada diso foi posible. Pero lectores e lectoras de todo o mundo, somos capaces de volver desfrutar cunha narración chea de preciosas figuras literarias e imaxes evocadoras, que despertan o noso lado máis sensible.


No hay comentarios: