martes, 11 de noviembre de 2014

Nova edición do curso "Informática Básica para Adultos"


A próxima semana comeza unha nova edición do curso "Informática básica para adultos", onde poderédes aprender a manexar un ordenador desde cero.

Terá lugar do 17 ao 21 de novembro, ás 12:00 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Conceptos e nocións básicas
- Principais compoñentes dun equipo informático : hardware, software
- Escritorio de Windows: configuración e elementos
- Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo
- Teclado: teclas básicas e atallos
- Funcións básicas: creación de carpetas, apertura de programas, ventas e menús
- Elementos externos: impresora, lector de cds, usb, etc.

Hai 10 prazas dispoñibles, para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.


No hay comentarios: