miércoles, 15 de octubre de 2014

Obradoiro de escritura vivencial

O próximo venres 17 temos un obradoiro de escritura vivencial. Está organizado por Cruz Vermella, e o obradoiro será impartido por María Fernanda Ampuero.

Levarase a cabo seguindo os métodos da escritura vivencial que axudan a mergullarse na historia persoal para identificar, ordear e finalmente narrar dende o seu punto de vista que é iso e como é iso de ser inmigrante, poñerse nos zapatos do outro.

Para propiciar a escritura e poñer o tema sobre a mesa, lerase ao principio un texto sobre unha experiencia migratoria, escoitarase unha canción de Rafael Amor "Non me chames estranxeiro" e verase a curta "Fronteira invisible" sobre ser emigrante.

O venres 17, ás 12:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.



No hay comentarios: