miércoles, 1 de octubre de 2014

Exposicións na Biblioteca

Durante este mes de outubro poderédes desfrutar de varias exposicións no vestíbulo da Biblioteca. Comezamos con "Carteis das festas do San Froilán" onde poderedes ver unha selección de carteis procedentes da nosa colección.

Tamén contaremos coa exposición ”Vida cotiá dos castreños, ampliacións e novos materiais de Roma Bellum, Corpus Hipocraticum…” organizada pola asociación Terra Copora. Unha recreación histórica e cultural das orixes romanas e castreñas da cidade de Lugo, achegando á cidadanía lucense ao mundo da reconstrucción e a divulgación histórica.


E finalmente celebraremos o primeiro aniversario do noso blog Lucuscomic cunha mostra bibliográfica acompañados de Mafalda, que cumpre 50, con Lobezno xa nos 40, e con Batman que xa cumpre 75.


No hay comentarios: