martes, 7 de octubre de 2014

Corona de damas, de Tosca Soto

París, 1625. Unha cidade turbulenta en cuxas revoltas bolen as conxuras e as implacables loitas polo poder. No pazo do Louvre, o novo rei Luis XIII vive atenazado por funestos augurios: sobre el pende unha ameaza que pon en perigo a estabilidade do reino e a salvación da súa propia alma.

Dous amigos, Charles Montargis, aprendiz de espía do poderoso cardeal de Richelieu, e Bernard de Serres, modesto xentilhome recén chegado dos Pireneos, veranse botados pola fatalidade ao corazón dunha tenebrosa intriga que os fará descubrir os segredos máis escuros das altas esferas do reino.

Tosca Soto irrompe con forza no escenario da narrativa contemporánea do noso país cunha cegadora intriga histórica. Paixóns prohibidas, perigosas supersticións e conspiracións cortesás entrelázanse nunha trama irresistible, digna das mellores novelas de misterio, dando vida a unha cidade e unha época fascinantes.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N TOS cor novidades histórica





No hay comentarios: