jueves, 18 de septiembre de 2014

Un toque de canela - XXXVI Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Un toque de canela", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: "Un toque de canela" é unha historia sobre un mozo grego (Fanis) criado en Istambul, cuxo avó, un filósofo culinario e o seu mentor, lle ensina que tanto a comida como a vida necesitan un chisco de sal para darlles o toque de sabor que ambos requiren. Co paso do tempo Fanis convértese nun excelente cociñeiro e emprega as súas habilidades culinarias para darlle sabor ás vidas daqueles que o rodean. 35 anos máis tarde, abandona Atenas e volve á súa terra natal, Istambul, para reunirse co seu avó e o seu primeiro amor; unha viaxe de retorno só para darse conta de que esquecera darlle ese toque de sabor á súa propia vida … Como adoitaba dicir o seu tío … “hai dous tipos de viaxeiros na vida, aqueles que parten e aqueles que retornan, os primeiros miran o mapa, os segundos miran ao espello …” Agora é o momento de que o noso heroe bote unha mirada ao seu propio espello.

Festival de Cine Nacional de Grecia (mellor fotografía, mellor dirección, mellor guión, mellor cinematografía, mellor edición, mellor son, mellor banda sonora e mellor dirección artística).

Premio outorgado polo público no Festival Internacional de Cine de Tesalónica.



No hay comentarios: