lunes, 1 de septiembre de 2014

Es un decir, de Jenn Díaz

"O día que cumprín once anos mataron o meu pai... a palabra asasinado metéuseme na cabeza igual que esas moscas parvas que entran na túa casa e non saben como saír"

Mariela está a punto de soprar as velas dunha torta, cando de súpeto oe un disparo. E tras o disparo só quedan o silencio da súa nai, os comentarios vagos da avoa e as preguntas desa nena testana que se empeña en saber quen matou ao seu pai e por que, mentres no pobo o recordo da guerra civil aínda rolda as rúas.


Mariela, esa señorita de vida fraca, esa muller a medio facer, entra no mundo dos adultos mirando de esguello, escoitando detrás das portas pechadas, lambendo pedras do río coma se fosen caramelos, e con ela imos descubrindo devagar os ocos da vida e a fatiga de ir cumprindo anos nun mundo onde todo é un dicir porque a verdade doe.


Jenn Díaz proponnos unha historia chea de forza e ironía, que axiña encontra a complicidade do lector: as súas palabras chégannos coma se estivésemos a escoitar en vez de ir lendo, e móstrannos o talento dunha muller que dará moito que falar.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DIA esu novidades vida cotiá



No hay comentarios: