miércoles, 3 de septiembre de 2014

Curso "Ofimática básica"


O próximo luns, 8 de setembro, comeza o novo curso de informática "Ofimática básica", onde poderédes aprender o funcionamento dun ordenador 

Terá lugar os días 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de Setembro, ás 18:00 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Conceptos e nocións básicas
- Principais compoñentes dun equipo informático : hardware, software
- Escritorio de Windows: configuración e elementos
- Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo
- Teclado: teclas básicas e atallos
- Funcións básicas: creación de carpetas, apertura de programas, ventas e menús
- Elementos externos: impresora, lector de cds, usb, etc.
- Procesador de textos
- Barra de ferramentas, elementos básicos
- Configuración da páxina
- Modificación de textos: copiar, pegar, eliminar, xustificar, etc.
- Fontes: tamaño, grosa, cursiva, subliñado, etc.
- Inserir imaxes, táboas, cadros de texto e outros elementos

Hai 12 prazas dispoñibles e podédesvos inscribir na oficina de Administración da Biblioteca.



No hay comentarios: