lunes, 8 de septiembre de 2014

Cartas a palacio, de Jorge Díaz

Achégase o final do ano máis triste que se recorda no vello continente. A guerra estalou hai uns meses e avanza sen piedade sementando de mortos e feridos o corazón de Europa, cando ao Pazo Real chega unha carta que remove profundamente o ánimo de Alfonso XIII: unha nena francesa suplica a súa axuda para dar co paradoiro do seu irmán, desaparecido na fronte. Conmovido por tal petición, o monarca emprega a diplomacia española para saber da sorte do her man da pequena Sylvie, pero a súa acción do Nadal ten consecuencias imprevistas e provoca a chegada dun alude de solicitudes a pazo.

Impresionado pola magnitude da traxedia, Alfonso XIII reúne un excepcional grupo de colaboradores entre os que se encontran o seu íntimo amigo e médico militar Álvaro Giner; Manuel Campos, profesor de mecanografía e simpatizante anarquista, ou Branca Alerces, unha nova aristócrata madrileña decidida a tomar as rendas da súa vida. Con eles, o rei poñerá en marcha a Oficina Pro-Cativos, onde grazas á axuda de funcionarios e diplomáticos, buscarán o modo de dar resposta a todas esas familias rotas pola guerra, desesperadas por encontrar os seus seres queridos.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DIA car novidades histórica



No hay comentarios: