martes, 30 de septiembre de 2014

Anécdotas bibliotecarias


Da mán de Roz Warren, bibliotecaria de Filadelfia chégannos estas anécdotas que de seguro máis de un compañeiro de profesión sufríu nas súas propias carnes. A maioria dos usuarios son amables e agradables, pero ás veces traballar de cara ao público ten estas cousas ;)


- O home que se nega a pagar a multa por devolver un dvd con retraso xa que non lle gustou a película.

- O tipo que pillamos tratando de roubar unha Biblia. ( Deus non quere que roubes unha Biblia na biblioteca pública local. El quere que a consultes adecuadamente e a devolvas a tempo).

- O tipo que se achega ao bibliotecario, cantaruxa uns compases dunha canción, e logo pregunta: "A biblioteca ten ese CD?"

- A muller que espera que lle fagamos nós as fotocopias coa excusa "Ti es mellor ca mín facéndoo" (Mellor colocando unha folla de papel nun cristal e premendo un botón, en serio?)

- O home que berra "Deixen de presionarme!!" no medio da sala cando anunciamos pola megafonía o peche da biblioteca en media hora.

- A nai que aparece na porta dous minutos antes do peche y esixe que lle busquemos os dez libros da lista de lecturas para o verán do seu neno.

- O mozo que pensa que deberiamos deixarlle levar unha ducia de DVDs a pesar de que non ten a súa tarxeta da biblioteca. Ou calquera outro tipo de identificación. "Pero vostede coñéceme", insiste. (Non, non o facemos.)

- A muller que nos di que o seu coche - no aparcamento - non arranca e cando nos ofrecemos a chamar un mecánico, di, "Non pode arranxalo alguén aquí por min?"

- A muller que insiste en que lle reembolsemos o diñeiro que pagou por facer unha fotocopia xa que a copia ten unha tenue liña. Cando llo reembolsamos, volve á máquina e fotocopia da mesma páxina de novo, o que resulta noutra copia cunha tenue liña no mesmo lugar, pola que esixe de novo outro reembolso. Ela segue facendo isto ata que nos negamos a darlle máis reembolsos.

- A muller que espera que descubramos cál é o libro que quere, a pesar de que ela non sabe nin o título nin o autor, nin que xénero é. "Onte estaba alí", di ela, "Búsqueo!"

- O home que se nega a pagar para substituír un libro que desapareceu, porque afirma que os extraterrestres o roubaron da caixa de devolución de libros despois de devolvelo. (Cres que estou de broma?. A menos que traballes nunha biblioteca pública...)

- A muller que devolve un exemplar "masticado" do libro "O sistema de entrenamento do can que nunca falla". Ela insiste en que o libro xa estaba así cando o levou e cando se lle suxire que puido ser o seu can, ela contesta: "Eu non teño can".

Todo casos reais que os bibliotecarios de Filadelfia atenderon amable e cortesmente, porque os bibliotecarios somos así ;)



No hay comentarios: