lunes, 18 de agosto de 2014

Una y otra vez, de Kate Atkinson

E se puideses vivir a túa vida unha e outra vez ata conseguir o destino perfecto? A protagonista nárranos de forma fragmentada a súa vida na que regresa unha e outra vez a uns mesmos feitos con resolucións distintas, chegando mesmo a cambiar o destino de Europa do SXX.

Que Úrsula Todd morra ás poucas horas de nacer nunha casa de campo inglesa a principios de 1910 e que á vez, o médico chegue a tempo para salvala son dous feitos perfectamente compatibles en "Una y otra vez", unha novela que ofrece sempre dúas alternativas ao seu protagonista.


Así, Úrsula terá varias oportunidades de cambiar o seu destino, o da súa familia e mesmo o de toda Europa. E non se trata só de vivir unha nova vida, senón de facer algo co que a maioría soñamos algunha vez: borrar aqueles episodios do pasado que falan mal de nós.

Grazas a un perfecto dominio na creación de ambientes e personaxes, Atkinson consegue varias novelas nunha soa. Tráxica en ocasións, divertida noutras, pero sempre intrigante, a grande autora inglesa conta unha historia pero é coma se contase centos delas.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ATK una novidades



No hay comentarios: