martes, 12 de agosto de 2014

Trabajos de amor ensangrentados, de Edmund Crispin

A escola Castrevenford está inmersa nos preparativos para celebrar o fin de curso, e o excéntrico profesor de Oxford e detective afeccionado Gervase Fen (ao que xa coñecemos en "La tienda de juguetes errante" e "El canto del cisne"), liberado das súas obrigas laborais, foi convocado a entregar os premios aos discursos máis brillantes. Non obstante, a noite previa ao gran día, estraños sucesos acontecen no colexio, e dous profesores son asasinados.

Mentres intenta desentrañar o misterio, Fen vese obrigado a resolver un secuestro coa axuda dun sabuxo con demencia senil, a tranquilizar a unha plétora de colexiais toleados e, de paso, a descubrir o paradoiro dun manuscrito perdido de Shakespeare que se demostra letal en extremo.

"Trabajos de amor ensangrentados" é un clásico da Idade Dourada da novela de detectives inglesa, chea de referencias literarias e persecucións en bólido pola campiña inglesa, cunha trama policíaca perfecta.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CRI tra novidades intriga e misterio



No hay comentarios: