luns, 9 de xuño de 2014

Novos cursos de informática

Comezamos a semana coa apertura da inscripción para dous novos cursos de informática que terán lugar na Biblioteca no mes de setembro. Para participar podédesvos inscribir na biblioteca, chamando por teléfono ou ben mandando a vosa solicitude por correo electrónico a biblio.publica.lugo@xunta.es


Ofimática Básica (12 Prazas)

Data: mes de Setembro


Contido:
- Xestionar arquivos e carpetas: crear e gardar, eliminar, renomear, copiar e mover.
- Organización de arquivos, carpetas
- Aplicacións e ferramentas dun sistema operativo. O panel de control. Descrición, elementos e configuración da interface dun sistema operativo.



Internet Básico (12 Prazas)

Data: mes de setembro

Contido:
- Navegar por internet.
- Búsqueda de información na web
- Enviar e recibir correos electrónicos
- Explicación dos moteres de procura.

Agardamos as vosas solicitudes!


Ningún comentario: