viernes, 16 de mayo de 2014

Máis actividades na Feira do Libro

Se esta fin de semana visitades a Feira do Libro, temos dúas actividades para os máis pequenos:


O sábado 17 ás 18:00 h. temos unha actividade de ilustración e narración, diferente, singular e moi entretida. Mentres a ilustradora/contadora vai narrando un conto, o ilustrador vaino debuxando nun tamaño bastante visible, co que vai potenciando o interese polo conto. O público está pendente do debuxo e de como se vai desenvolvendo a historia, e ambas as dúas cousas se van coordinando. Unha actividade para toda a familia. A entrada será libre ata completar o aforo.


E o domingo 18, tamén ás 18:00 h., sesión de contacontos con Wadim e Fátima Fernández con "Viaxa connosco". En todas as partes, dende os lugares máis próximos aos máis remotos, cóntanse historias. E moitas desas historias dormen nos libros. Hoxe espertaremos con música algúns dos personaxes de culturas próximas e afastadas; así veremos como en todos os lugares as preocupacións das persoas son ben parecidas. Unha contada onde a música conta e a palabra soa...
Unha actividade para toda a familia. A entrada será libre ata completar o aforo.


No hay comentarios: