martes, 8 de abril de 2014

Yo fui Johnny Thunders, de Carlos Zanón

Francis, Mr. Frankie, decide regresar ao lugar onde viviu as primeiras cousas, o seu barrio. Marchou de alí perseguindo o seu particular sono de rock'n'roll, que o levou a acariciar coa punta dos seus dedos unha fama tóxica e efémera. Agora Francis volve para deixar atrás a miseria e a drogadicción. Pero o seu vello barrio son ruínas por onde aínda deambulan o seu pai, o seu medio irmanda, a súa primeira noiva e algún que outro amigo. Francis quere empezar de novo e facer as cousas ben.

O problema son os atallos, as cancións de tres minutos, a imposibilidade de esquecer quen foi. Para Francis a liña recta é a distancia máis retorcida entre dous puntos. De momento, as súas facturas e as súas noites non adoita pagalas el, pero esa situación non pode alongarse moito máis. Vai necesitar algo máis que promesas para saír adiante. Iso si, nunha ocasión foi Johnny Thunders.

Esta vibrante novela, traspasada pola poesía dos perdedores, retrata unha Barcelona poboada de personaxes que buscan desesperadamente unha oportunidade que lles permita ser alguén.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ZAN yof novidades vida cotiá


No hay comentarios: