viernes, 11 de abril de 2014

Na sala de audiovisuais... La mejor oferta

Virgil Oldman (Geoffrey Rush) é un home solitario; un excéntrico experto en arte e axente de poxas, moi apreciado e coñecido en todo o mundo. A súa vida transcorre á marxe de calquera sentimento afectivo ata que coñece unha fermosa e misteriosa moza (Sylvia Hoeks) que lle encarga taxar e vender as obras de arte herdadas dos seus pais.

A aparición desta moza, que sofre dunha estraña enfermidade psicolóxica que a mantén illada do mundo, transformará para sempre a vida de Virgil.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA MEJ novedades

(fuente: LaButaca)

No hay comentarios: