jueves, 10 de abril de 2014

Mañá na Biblioteca...


Temos a sesión de narración "Os contos do chupete" con Migallas Teatro.

"Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 11, ás 18:00 h. na Ludoteca


No hay comentarios: