jueves, 3 de abril de 2014

Mañá na Biblioteca...


E aínda que o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil xa pasou, nós seguimos a celebralo, nesta ocasión có espectáculo "Andersen" de Fabiana Gastaldello.

Un espectáculo sobre dous dos máis amados contos de Andersen cunha proposta orixinal e artesanal que integra varias linguaxes escénicas como o mimo, a commedia dell’Arte, o teatro de sombras e escenografías de vangarda.

Unha actividade para todos os públicos e nen@s maiores de 5 anos.

Non é necesaria inscripción previa.

Mañá, venres 4, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


No hay comentarios: