miércoles, 2 de abril de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XVII)

“El teatro de la vida” é a obra proposta no club para a lectura desta semana. Publicada na editorial Maeva, a novela pasa por ser unha apoloxía da amizade e a liberdade na voz dun autor que cando a escribiu contaba con oitenta e cinco anos: Siegfried Lenz.

Mentras unha compañía de teatro visita unha prisión para representar unha obra, uns cantos reclusos culpables de delitos menores aproveitan a oportunidade inesperada de reconquistar a liberdade. Agachados no autobús dos artistas, conseguen traspasar os muros do cárcere, e nesa fuxida, chegan a unha pequena cidade chamada Grünau, onde son confundidos con actores, e optan por seguir o xogo.

Hannes e o Profesor son os dous protagonistas principais. O primeiro está no cárcere por simular ser axente de tráfico e poñer multas falsas quedándose co diñeiro e, pola súa banda, o Profesor, subiu as notas dalgunhas alumnas a cambio de certos favores. Ámbolos dous, participan desa outra “obra” paralela que deciden representar e terminan por facerse amigos.

“-Mira esto, profesor -indicó mi compañero de celda-, ven y mira esto.

El hombre calvo con pendientes, situado junto a la ventana enrejada, señalaba hacia el patio de la cárcel, cuya puerta se abrió dando paso a un autobús azul. A lo largo del autobús estaba escrito con letras de imprenta TEATRO REGIONAL; dos estilizadas máscaras prometían una representación misteriosa y, en cualquier caso, amena.

-Lo sabía -dijo mi compañero de celda-, sabía que el Teatro Regional vendría de verdad.

El hombre al que habían asignado la segunda cama de mi celda y que había entrado diciendo: "Soy Hannes", parecía un sabelotodo. Cuando el autobús se detuvo y el primero en apearse fue un hombre vestido de escocés, informó:

-El director del Teatro Regional, se llama Prugel. (…)

A una señal del director, bajaron del autobús los actores, entre los cuales también figuraban mujeres; la mayoría se quedaron parados como si estuvieran pegados con cola, como si acabaran de insuflarles una nueva vida. Al igual que el director, también ellos se limitaron primero a mirar, algunos se daban codazos, sonreían sibilinamente, se llamaban la atención con los ojos sobre lo que veían. Uno de los actores se agachó, recogió un guijarro lo frotó entre los dedos y se lo guardó en el bolsillo, seguramente como recuerdo. Un joven actor barbudo resumió el estado de ánimo general agarrando por la cintura a una colega de cierta edad y colocando en broma, delante de su cara, una mano con los dedos muy abiertos; después señaló hacia nuestra ventana y se creyó obligado a saludar.”

Siegfried Lenz é un dos máis coñecidos autores alemanes de posguerra, xa que formou parte do chamado Grupo 47, que pretendeu revitalizar a literatura do seu país naquela época. Exerceu como xornalista no diario “Die Welt” e máis tarde implicouse no mundo da política, igual que fixera Günter Grass, apoiando a socialdemocracia. Unha das súas obras fundamentais é “Lección de alemán” de 1968, na que afronta o tema do nacionalsocialismo e a Segunda Guerra Mundial.

A obra que lemos esta semana parece ter unha trama un tanto banal, porén, contén varias máximas e reflexións interesantes, envoltas nun xeito tenro de narrar que amosan a facilidade do autor para facer críbles as accións dos seus personaxes, en apenas cen páxinas.


No hay comentarios: