lunes, 17 de marzo de 2014

"Obradoiro de improvisación en verso" con Regueifeiros de Galicia


Con motivo do Día Internacional da Poesía, organizamos un obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa/brindo), dirixido a todas aquelas persoas, con inclinación á práctica do verso clásico rimado da controversia dramatizada ó estilo clásico, e con curiosidade por coñecer as tradicións populares do país (e tamén de fóra del).

Para participar é necesario inscribirse no mostrador da entrada da Biblioteca

O próximo venres 21, ás 18:00 h. na Sala multiusos


No hay comentarios: