jueves, 6 de marzo de 2014

Moitas grazas a todos!!!

Hai uns días remataba a nosa campaña "Biblioteca Quitapenas" e queremos agradecervos a todos a vosa participación.

Durante estes tres meses recollemos grazas aos vosos donativos un total de 287,17 kg de produtos; dos cales 129,82 kg foron a Cáritas Diocesana e 157,35 kg ao Banco de Alimentos de Lugo. E tamén condonamos 94 sancións

De novo, moitas grazas a todos os que participastes desta iniciativa solidaria, maiores e pequenos, con sanción ou sen sanción.

  


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Oxalá tódalas institucións se implicasen deste xeito. Noraboa!

Biblioteca Pública Nodal de Lugo dijo...

Moitas grazas, foi unha pequena iniciativa con moi boa acollida polos nosos usuarios