martes, 11 de marzo de 2014

Los habitantes del bosque, de Thomas Hardy

"Los habitantes del bosque", inédita ata o momento en castelán, é unha das novelas máis brillantes, controvertidas e representativas da narrativa de Thomas Hardy, quen sempre a considerou a súa obra favorita. As súas evocadoras paisaxes e os seus personaxes cheos de forza fan de "Los habitantes del bosque" unha obra indispensable.

Grace Melbury, a preciosa e delicada filla dun próspero madeireiro que faría calquera cousa por ela, regresa ao pequeno pobo da súa infancia despois de recibir unha refinada educación lonxe de alí.


O seu reencontro con quen sempre estivo destinado a ser o seu marido, Giles Winterborne, lles revela aos dous que, malia todo o que el poida amala, non está á altura das súas novas expectativas sociais e, en cambio, si o está o novo médico da rexión, o aristocrático Edred Fitzpiers, que aparece rodeado de libros e dun raro halo de misterio. A relación que se establece entre os tres verase salpicada de malentendidos e traizóns, pero tamén dunha devoción e unha lealdade que conducirán a un desenlace extraordinario.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N HAB hal novidades vida cotiá


No hay comentarios: