miércoles, 5 de marzo de 2014

La firma de todas las cosas, de Elizabeth Gilbert

5 de xaneiro de 1800. Nos albores dun novo século, nun inverno característico de Filadelfia, nace Alma Whittaker. O seu pai, Henry Whittaker, é un explorador botánico audaz e carismático cuxa vasta fortuna oculta unhas orixes humildes: comezou de pilluelo nos xardíns Kew de Sir Joseph Banks e de grumete a bordo do Resolution do capitán Cook. A nai de Alma, unha estrita holandesa de boa familia, sabe tanto de botánica como calquera home.

Nena independente, cunha sede de coñecementos insaciable, Alma non tarda en internarse no mundo das plantas e da ciencia. Non obstante, a medida que o minucioso estudo dos mofos a achega máis e máis aos misterios da evolución, o home ao que ama arrástraa na dirección oposta: ao mundo do espiritual, o divino e o máxico. Ela é unha científica de mente despexada; el é un artista utópico. Pero o que une a esta parella é a paixón compartida polo saber: o desesperado desexo de comprender como funciona o mundo, de que están feitos os mecanismos da vida.

"La firma de todas las cosas" é unha novela grandiosa que narra a historia dun século grandioso. Percorre todo o mundo, dende Londres ata Perú, Filadelfia, Tahití ou Ámsterdam. Habitada por personaxes extraordinarios (misioneiros, abolicionistas, aventureiros, astrónomos, capitáns de mar, xenios e tolos), conta, por riba de todo, cunha heroína inesquecible: Alma Whittaker, unha muller da Ilustración que se ergue desafiante na cúspide da era moderna.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GIL fir novidades histórica



No hay comentarios: